Quen é o experto do fútbol lucense?

Chega a Porra de Futbolinlugo. Queremos saber quen é o home ou muller que máis controla do noso fútbol. Anímate e participa! Contamos contigo!

Buscamos un gañador, que terá un regalo exclusivo desta casa. É moi doado acertar resultados coa competición iniciada. Nós imos polo difícil. Adiviñar todo o que vai pasar antes do comezo das diferentes Ligas. Ascensos, descensos, pichichis, Zamoras… Tódalas preguntas e a dinámica desta #PorraFutbolin están no arquivo adxunto. Atréveste? Aceptas o reto?

Porra-Futbolinlugo

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario