#Fútbol afeccionado #Feminino

Suspendido o encontro do San Lázaro no minuto 82

Un San Lázaro en cadro quedou co mel nos labios. As de Luchi e Jorge sobrepuxéronse a unha frouxa primeira metade, na que encaixaron un gol de penalti, para remontar no segundo acto. As da Ponte separaron liñas e tiraron de pegada para chegar ao tramo final cun 2-1 no marcador. No minuto 82, o encontro quedou suspendido polo colexiado. Veremos que decide a Real Federación Galega co tempo restante de xogo.

O árbitro decidiu rematar definitivamente co partido despois dunha pequena suspensión previa na que se avisou á bancada. Os improperios e insultos de determinados afeccionados cara xogadoras rivais e o propio colexiado provocaron esta decisión. Iso si, desde o Cruces quixeron destacar o bo comportamento tanto das futbolistas lucenses como do seu equipo técnico.

Segundo empate consecutivo para un PM Friol B ao que a temporada se lle empeza a facer moi longa. O derbi da Reigosa estivo marcado polas numerosas e importantes ausencias de ambos equipos. Esta circunstancia obrigou á presenza de moitas xogadoras cadetes. E entre tanta xuventude, a Milagrosa foi a que mereceu os tres puntos ante o líder. Faltou a sorte de cara ao gol. As de Héctor Expósito dispuxeron de dous paus, longueiros… Iso si, o 0-0 inicial mantívose ata o asubío final.

No outro dos derbis da xornada, o Carballedo puxo fin dunha vez á súa mala xeira de resultados. As de Sementa e Adrián Rodríguez lograron unha vitoria de prestixio no Luis Bodegas ante un Monte Forte escaso de efectivos e sen porteira. As do Catro Ventos saltaron ao campo moi concentradas e dominaron con claridade a primeira metade. Ana Lamas e Lucía Míguez, cun golazo, puxeron o 0-2 ao descanso. A tónica mantívose tralo paso polos vestiarios. Se ben é certo que, no tramo final, tocoulles defender o bo traballo feito. Moji recurtou diferenzas ante un Carballedo castigado a nivel físico e que quedou con dez xogadoras pola expulsión de Sara.



O San Roque salvou un punto no desconto nun encontro no que se xuntou todo en contra. Ás baixas que tiña Quiroga, sumáronse as expulsións de Noa (minuto 20) e María Eugenia e a lesión de Diana sobre a media hora. Os excesos de confianza e as moitas ocasións erradas, lastraron ás verdibrancas ante o Bandeira. Aínda así, Sofía asinou un ‘dobrete’.

Pola súa parte, o Chantada levouse un duelo disputado ante o EF Silleda. Tania Gómez adiantou ás de Gorry cun zapatazo desde uns 40 metros e Andrea Mazaira, de só 14 anos, sentenciou nos intres finales. Sorprendeu tras un roubo e realizou un pase á rede que certificou os tres puntos. Ademais, a Comercial desfíxose tras un bo inicio. Agasallou ao Arzúa co primeiro gol. As de Vivian Dors perdoaron en área rival e as da Terra do Queixo golearon na derradeira media hora.

un cd lugo de circunstancias perde a segunda praza

Héctor Expósito, adestrador da Milagrosa

O CD Lugo caeu á terceira posición da Primeira Galega despois de ceder no feudo do Bergantiños. As de Joaquín Blanco, cun equipo de circunstancias e moitas baixas, viron como as de Carballo se adiantaban nada máis comezar. Co paso dos minutos, as albivermellas melloraron e tiveron momentos do dominio. Chegando a empatar nesa mesma primeira metade. Porén un desastroso inicio de segunda metade lastrou por completo ás lucenses, que regresaron a casa de baleiro.



O Antas recibiu un castigo demasiado severo ante o Noia. A falta de contundencia na zaga permitiulle ás do Barbanza aproveitar cada detalle para ampliar o marcador. O gran partido de Paula Méndez asociándose con Elisa e, tamén con xogadas individuais, non resultou suficiente para meterse de novo no encontro.

un penalti postreiro destroza ao pM friol

Dolorosa xornada para un PM Friol que cada semana cheira máis a descenso. O cadro de Covi Regueiro perdeu nun duelo directo pola permanencia ante o Viaxes Interrías. O partido estivo marcado pola igualdade e todo o picante apareceu na segunda metade. Os tres goles chegaron tralo paso polos vestiarios. Machado adiantou ás locais no inicio da reanudación. Unha vantaxe que neutralizou Yoleidis. Cando todo apuntaba a un empate, o Interrías atopouse cunha pena máxima no minuto 88. Irene non fallou e sentenciou ao PM Friol.

Miriam, co seu premio #XogadoraTorredeNúñez do mes de marzo

Resultados da xornada

Viaxes Interrías 2-1 PM Friol

Noia 6-1 Antas

Bergantiños 3-1 CD Lugo



PM Friol B 0-0 Milagrosa

Monte Forte 1-2 Carballedo

Comercial 0-5 Arzúa

San Lázaro 2-1 Cruces

EF Silleda 0-2 SD Chantada

Bandeira 3-3 San Roque

Suspendido o encontro do San Lázaro no minuto 82

Máxicos Futbolinlugo, 29

Suspendido o encontro do San Lázaro no minuto 82

O Viveiro da un paso de xigante

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *