Joaquín Blanco, CD Lugo: “É complicado lidiar coa incertidume”

IMAXE DE PORTADA: Web CD Lugo

Fai practicamente un ano, o CD Lugo Feminino xogaba o seu último partido na Segunda Galicia. O clube, que se debutaba na 2019/2020, completou un (medio) ano case perfecto e conseguiu chegar a aquel fatídico venres 13 de marzo no primeiro posto da categoría. Esta situación acabouse traducindo no ascenso á Primeira Galicia meses despois, trala suspensión definitiva das categorías autonómicas.

11 meses despois, a volta do CD Lugo ás competicións aínda non foi autorizada polas autoridades sanitarias e políticas. Semellaba que a Primeira Galega comezaría ao mesmo tempo que as categorías de fútbol base, pero a auxe da terceira ola da epidemia impediu ese desexado retorno.

A onde sí retorna o CD Lugo Feminino é ás nosas mentes, ansiosas por ver competir a un conxunto que nos marabillou o ano pasado polo seu xogo, a súa efectividade e a súa química dentro e fóra do campo. Polo tanto, a morriña quixo que falasemos co adestrador do equipo, Joaquín Blanco, para coñecer como viven esta triste situación as futbolistas e o corpo técnico, afastados dos terreos de xogo sine die.

Futbolinlugo: Como está o ánimo das rapazas despois de tanto tempo sen xogar?

Joaquín Blanco: Estamos en contacto todas as semanas, teñen traballo para facer individualmente na casa, de cando en vez facemos algunha por Zoom… pero é complicado. Agora todo o mundo ten as súas rutinas, os seus horarios… e é difícil cadrar incluso para facer unha videochamada todas xuntas. Todas teñen ganas de xogar, pero canto máis tempo pase máis difícil será comezar de novo, abandonar as rutinas actuais… pero eu estou seguro, de todas formas, de que se hai que empezar, empezarán todas ao máximo, cambiarán o chip e se poñerán as pilas. O peor é a incertidume que rodea a todo isto, non saber se sí ou se non… non sabes a que atenerte. É complicado lidiar con esa incertidume.

FIL: Chegastes a comezar os adestramentos?

JB: Iamos comezar un martes do mes de xaneiro, pasaramos os tests de antíxenos o venles anterior… pero xusto antes de empezar, a Xunta prohibiu a actividade. Xa tiñamos todo listo, protocolos, campo, material… tivemos que readaptar os protocolos pero ao final non completamos nin o primeiro adestramento.

“O clube e o equipo adaptaranse ao que nos digan.”

FIL: Contades con poder competir na 20/21?

JB: É complicado. Nunha competición de liga normalmente se premia a regularidade: meses de traballo, planificación… Se se empeza agora, pelexariamos por un ascenso ou descenso en dous-dous meses e medio. De todolos xeitos, non está nin nas miñas mans nin nas do clube, que nos adaptaremos ao que se decida. A título persoal diría que, claro que a todos nos gusta competir, pero tal vez se debería de pensar noutro tipo de competición.

FIL: Houbo cambios no cadro de xogadoras durante o verán e o inverno?

JB: Houbo algunha baixa dalgunha xogadora, quedaron 16. En condicións normais, necesitariamos un grupo máis amplo, pero nesta situación é complicado asinar novas futbolistas. Estamos aínda un pouco en stand-by. A incertidume da que falabamos antes condiciona as fichaxes.

FIL: E no corpo técnico?

JB: Iria e eu seguimos, Fernando Currás segue como adestrador de porteiras e incorporaremos un preparador físico. Fisioterapeuta, médico… empregaremos aos empleados que están xa no clube. Ademáis, probablemente necesitasemos unha persoa adicional -a modo de delegado- para axudar cos protocolos, especialmente nos partidos da casa. Non podo dicir nomes porque non os sabemos, pero serán xente do clube, que colabora en distintos conxuntos da base.

“A longo prazo, o clube quero seguir apostando polo fútbol feminino.”

FIL: Como de ambicioso é este proxecto do CD Lugo?

JB: Non cambiou desde o pasado ano. Nas circunstancias actuais pode que haxa que adaptarse, se este ano non se pode optar ao ascenso pois teremos que conformarnos coa salvación. A curto prazo o máis importante é adaptarse e saír desto como mellor se poida. A medio-longo prazo, o clube seguirá apostando polo feminino e tratará de levar ao equipo o máis arriba posible.

FIL: En canto a ti, desenvolves algunha outra tarefa no clube?

JB: Si, axudo en equipos da base. Nun principio ía ser no Cadete “B”, pero ao non ter competición, estou no Xuvenil “A” a modo de apoio e botar unha man. Como a idea é que o feminino pode arrincar, o primordial sería o feminino.

Agradecemos a Joaquín e ao CD Lugo a súa boa disposición para facer esta entrevista!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario