#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Feminino

Quiroga: «Se ascendesemos sería un éxito incrible»

mercado

Juan Carlos Quiroga Rey (Lugo, 1978) asume a súa segunda tempada á fronte dun proxecto que viu nacer. Unha vez superadas as moitas dificultades de calquera estrea, o seu San Roque atópase nos postos altos dunha Segunda Galicia de clara cor lucense.

FUTBOLINLUGO: Boas Quiroga. Ano e medio no San Roque e xa parece que adestrache dous equipos completamente distintos…

QUIROGA: Si, o da pasada campaña foi froito da premura. Fíxose o equipo case dunha semana para a outra. Non se contaba sacar ese equipo, o 90% daquelas xogadoras nunca xogara ao fútbol. O éxito foi acabar a tempada e facer unha base para este ano.

FIL: Tan só dúas vitorias na campaña pasada e consegues atraer varias xogadoras de categorías superiores. Como se consigue iso?



QUIROGA: Levo máis de quince anos no fútbol feminino. O maior valor que teño é que xogadoras que tiven en infantís queren seguir adestrando comigo. Saben como adestro e o tipo de persoa que son. Voulles esixir o máximo dentro das súas posibilidades pero saben que me teñen para calquera cousa. Ademais está o feito de que somos un equipo que queremos xogar sempre e cunha identidade propia.

«O éxito da pasada tempada foi acabala»

FIL: E agora entendo que o obxectivo do San Roque é meterse no play off de ascenso, non si?



QUIROGA: Si pero vai ser complicado. Temos dúas baixas importantes: Nai, de baixa duración, e tamén Eugenia. Máis os temas laborais das xogadoras… Hai que ser optimistas. Se ascendesemos sería un éxito incrible. De estar a punto de desaparecer a pelexar por un posible ascenso. O éxito é consolidar este equipo feminino e que siga medrando. Incluso poder crear categorías inferiores. O mellor de todo isto é velas medrar. Se algunha chega ao fútbol profesional, xa é o máximo. Eu tiven a sorte de adestrar a Lucía Pardo (LP).

FIL: Para quen serán esas prazas de play off de ascenso?

Quiroga e o seu equipo posan para a IV Guía Futbolinlugo

QUIROGA: O PM Friol é o claro candidato e o San Lázaro estará tamén. Logo hai equipos que che sorprenden. Ao Arzúa metímoslles oito na primeira volta e agora van séptimos, creo. Vai estar todo moi igualado. Creo que estará entre nós, Chantada, Touro, Carballedo, Monte Forte ou o propio Arzúa.

«Pasamos de case desaparecer a pelexar por un posible ascenso»

FIL: Como valoras a reestruturación do fútbol feminino de cara a vindeira tempada? Que che parece esa nova Terceira Galicia?



QUIROGA: O ano que vén haberá unha categoría nova, a Terceira Galicia. Van subir catro equipos a Primeira e doce quedarán na Segunda. O resto baixarán a esa Terceira. Penso que necesitamos un salto de calidade, hai bastantes equipos… Sempre e cando se consiga ese salto de calidade, paréceme ben que se cree esa Terceira Galicia.

«O maior valor que teño é que xogadoras que tiven en infantís queren seguir adestrando comigo»

Ana Lamas, Xogadora Torre de Núñez do mes de febreiro

Ana Lamas

Só houbo dúas xornadas ligueiras neste mes de febreiro (tres no caso do PM Friol) e só dúas xogadoras que destacaron en ambas semanas. Falamos de Ana Lamas, dianteira do Carballedo. E de Noa, unha das sobranceiras no Monte Forte. Pois ben, o lote de produtos de Torre de Núñez marcha nesta ocasión para A Barrela. Ningunha das dúas futbolistas recibiu tarxetas pero Ana Lamas conta cun gol máis que Noa. A atacante das Guerreiras marcou tres tantos neste mes mentres que a pupila de Perry, Noa, fixo dous.

O CD Lugo non deu opción no inicio da Copa Deputación

Comercial e CD Lugo adiantaron o derbi capitalino da rolda previa da Copa Deputación a esta pasada semana. O encontro quedou máis que resolto moito antes do descanso. A primeira parte rematou cun contundente 0-11 para as de Joaquín Blanco. Chegando ata o 0-14 ao remate dos noventa minutos. Berta destacou nas albivermellas e; Nati, nunha gris Comercial.

Quiroga: «Se ascendesemos sería un éxito incrible»

Máxicos Futbolinlugo, xornada 23

Quiroga: «Se ascendesemos sería un éxito incrible»

O Meira e o Guntín nos 52

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *