Volve a Copa Deputación logo da hibernación pola covid

Os últimas campións que houbo de Copa foron en 2019: Ribadeo, San Lázaro e Friol

O fútbol provincial volverá xogar a Copa. O torneo organizado pola Deputación de Lugo conxuntamente coa Futgal quedara suspendido cando chegou a pandemia. De feito, a edición 2019/2020 non chegou nunca a rematarse. A competición volve no anterior formato, a de desputar as eliminatorias ao final da temporada regular.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Día das Letras Galegas (martes festivo, 17 de maio) comezará a Copa 2022. Nun principio, participarán 85 equipos; agás que algún renuncie. O torneo estrutúrase por un lado cos equipos de Preferente e Primeira; polo outro, os de Segunda e Terceira; ademais dos conxuntos femininos da Primeira e da Segunda Galega.

Deportes Élide

Copa Preferente + 1ª:

As eliminatorias previas xogaranse o Día das Letras Galegas. Logo a competición retomarase a finde do 5 de xuño. Dende aí ocupará todas as fins de semana de xuño ata que se xogue a final o 26.

Cinco equipos pasan exentos a fase previa e xa hai dúas eliminatorias configuradas para os oitavos de final: Riotorto – Atlético Escairón e Friol – Alfoz. Ademais o Ribadeo, gañador en 2019, agarda un rival que sairá do duelo que xogarán o San Lázaro e o Santaballés. O cadro preparado por Diego Rey é o vixente campión da Copa da 2ª e da 3ª.

A fase previa deixa un derbi mariñán entre o Folgueiro e o Burela. Ademais dun apaixoante duelo de proximidade entre o Portomarín e a Sarriana; dous equipos que sobresaíron nas primeiras fases das súas respectivas categorías.

O San Lázaro gañou a última edición da Copa Deputación da 2ª e da 3ª e agora participará no cadro de Preferente e 1ª. Foto: Roberto Carreira

Partidos fase previa Preferente e Primeira:

Burela – Folgueiro

Xove Lago – Chantada Atlético

Portomarín – Sarriana

Residencia – Lemos

Lourenzá – Foz

Pastoricense – Monterroso

San Lázaro – Santaballés

Guntín – Castro

Outeiro de Rei – Taboada

Pontenova – Chantada

San Roque – Pol

Consulta como quedaría o cadro nas tres Copas aquí.

Copa 2ª + 3ª:

Tamén comezará o martes festivo 17 de maio, pero a partir de aí xa continuará sen parón nas seguintes findes. Por iso, aínda que hai unha eliminatoria a maiores, a final será o 19 de xuño.

Logo da fase previa, os equipos acceden aos dezaseisavos de final da competición. Quince clubs en total pasan exentos a primeira fase. E algúns deles xa teñen configurados os cruces dos 1/16: Roupar – Iberia, Catro Roldas – Comercial, Castro B – Mondoñedo e Milagrosa – Santa Comba. Agardan rival: Rioaveso, Candelaria, Oural, Rubián, Castroverde, Río Sil e Taboada B.

Na primeira rolda salientan dous derbis chairegos. Por un lado, o Cospeito – Muimenta que se xogará na Fonte. Nesta tempada os duelos directos resolvéronse cunha vitoria para cada un. Tamén haberá derbi do concello entre o Xermade e o Cabreiros no Municipal. Nesta campaña o Xermade conseguiu un triunfo e un empate nos enfrontamentos entre ambos.

Pola zona sur destacan os duelos de proximidade entre o Bóveda e o Paradela (aínda que non compartiron grupo na 1ª fase) e o encontro que xuntará ao Relámpago Tabaoda co Chantada B, equipos de distintas divisións.

Partidos fase previa Segunda e Terceira:

Nuevo Nausti – Meira

Friol B – Goiriz

Cospeito – Muimenta

Xermade – Cabreiros

Fonsagrada – San Ciprián

Celta Barreiros – Abadín

Matela – Guitiriz

Cazás – Celeiro

Bóveda – Paradela

Sober – Monterroso B

Relámpago – Chantada B

Carballedo – Incio

O Páramo – Becerreá

Lemos B – Corgo

Sporting Lucense – Brollón

Ferrreira – Palas

Antas – Quiroga

O Monteforte xogará unha fase previa fronte á SD Chantada para saber que equipo pasa aos cuartos de final

Copa 1ª e 2ª Galega:

O cadro feminino tamén inaugurará a competición o 17 de maio, pero farao só cun partido. Haberá unha eliminatoria entre o Monteforte e a SD Chantada para saber que equipo accede aos cuartos de final. O resto de conxuntos xa están a só dous partidos de chegar á final.

Estas son as circunstancias de que haxa nove conxuntos no torneo. Non está incluído o PM Friol ao pertencer a unha categoría estatal. O cadro adestrado por Covi non poderá revalidar o seu título de vixente campión, aínda que si competirá o seu filial.

Os cuartos xogaranse a primeira finde de xuño e así sucesivamente ata desputar a final tamén o 19 de xuño. O Antas agarda rival para os cuartos da eliminatoria pendente de fase previa. Na rolda destaca o enfrontamento entre o CD Lugo e o filial do PM Friol. Partido de altura entre dous equipos que se coñecen ben pero cuxas relacións extradeportivas non son as mellores. Nos encontros xogados entre si este curso, unha vitoria para cada un.

Partidos cuartos de final Primeira e Segunda Galega:

Lugo – Friol B

San Roque – Milagrosa

Carballedo – Comercial

No que respecta á aportación económica da Deputación por eliminatorias o criterio mantense con respecto ao 2019. Os equipos da Primeira e da Preferente que xoguen como locais recibirán do ente provincial 600€ por eliminatoria. Se o fan como visitantes serán compensados con 450€. Pola súa banda, a administración lucense concede 450€ aos equipos de Segunda, Terceira e fútbol feminino que xoguen como local. Recibirán 385€ se o fan como visitantes.

En 2019 comezara a edición dunha Copa diferente. As primeiras eliminatorias xa se xogaran no verán e os partidos intercalábanse ao longo da temporada. Este formato non triunfou coa chegada da covid. Agora as necesidades do calendario levan á que a competición recupere a súa anterior estrutura.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.