O San Roque asina a primeira vitoria da súa historia

Un triunfo épico, que o San Roque acadou con só dez xogadoras

Esta semana non tivemos fútbol en categoría nacional, debido ao adiamento do partido do PM Friol por mor do impacto da COVID no cadro de Covi. Tampouco xogou o seu filial, ao descansar nesta xornada. Os que si o fixeron foron os outros dous representantes lucenses na Primeira Galega. Con sorte dispar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

A boa nova chegou desde o Castro Seoane. O Antas dominou por completo ao Tordoia a pesares de comezar perdendo. Un encontro dos que deixan un gran sabor de boca, que se remontou xusto antes do descanso. E no que puideron caer incluso máis goles para o conxunto de Jesús Melendo. Lucía asinou dous dos catro goles do seu equipo.

Lucía asinou un dobrete para o Antas
Deportes Élide

Por outra banda, o Lugo cedeu na casa ante O Val. As rapazas de Joaquín controlaron de maneira absoluta a primeira metade. Iso si, o marcador non se moveu. E xa se sabe: quen perdoa, o acaba pagando. Na reanudación, emerxeu a figura da visitante Noemi. En dúas accións individuais puxo un 0-2 insalvable. En gran medida, debido á soberbia actuación da porteira ferrolá. Un erro defensivo situou o definitivo 0-3 no marcador. Un domingo sen puntería pola Cheda.

Resultados da xornada:

Lugo 0-3 O Val

Antas 4-2 Tordoia

Milagrosa 3-3 Santiso

San Roque 5-1 Cruces

EF Lalín 3-0 San Roque

Chantada 3-1 Bandeira

Cruces 0-7 Carballedo

O San Roque xogou dous partidos en menos de 48 horas

O conxunto de Quiroga meteuse a panzada da xornada, ao disputar dous encontros en menos de 48 horas. Valeu a pena! O venres, o San Roque conqueriu a primeira vitoria da súa historia ante o Cruces. E con só dez xogadoras para disputar os noventa minutos. Cun papel destacado da atacante Nai, autora de catro goles, ante un rival directo das verdibrancas. O domingo a sorte foi máis esquiva. As rapazas de Quiroga aguantaron perfectamente a primeira metade ante o Lalín. No entanto, as pontevedresas aproveitaron o baixón físico lucense na segunda metade para rematar goleando.

Eva, dous goles para o Chantada

O rival do venres das verdibrancas volveu caer horas máis tarde ante outro dos nosos. O Carballedo recuperou sensacións ante o colista da categoría, que pecou de xuventude e inexperiencia ante as do Catro Ventos. O encontro xa quedou visto para sentencia co 0-3 ao descanso. Outro dos triunfos da xornada foi para as veciñas de Chantada, que se estrearon tralo parón de Nadal. O cadro de Álex Cambeiro acusou certa falta de ritmo pola inactividade. Aínda así, levaron o peso do partido e adiantáronse cun gol de Eva. O seu doblete chegou tralo descanso ante un rival que recurtou diferenzas no tramo final. Iria sentenciou no desconto.

Por último, a Milagrosa provocou o segundo empate da temporada do líder Santiso. Nun encontro de alternativas no marcador, as rapazas de Héctor logaron acadar un valioso punto nunha nova actuación decisiva de Leire, autora de dous goles.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 874

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.