#Fútbol afeccionado #Feminino

Primeiro triunfo do PM Friol na Segunda RFEF

Dous meses despois, o PM Friol estreou o seu marcador de puntos. E de vitorias. O primeiro triunfo tivo unha clara protagonista por enriba do resto: Ali Martínez. A dianteira fixo os cinco goles do seu equipo ante o Parquesol.

Todo semellaba de cara por fin pola Reigosa. Antes do cuarto de hora de xogo, as de Covi xa mandaban por 2-0. Porén, dous goles consecutivos ao inicio da reanudación puxeron de novo as táboas no marcador. Volveu aparecer Ali para tres minutos máis tarde, respostar o cadro rival co terceiro gol. No entanto, esta vez saiu cara e outros dous tantos no tramo final deixaron a tan necesaria vitoria na casa.

O Lugo sorrí sobre a bucina

O Lugo estase a acostumar a deixar os deberes para o final. Un soberbio gol de falta de Blanca deulle o triunfo ás de Joaquín Blanco no minuto 89. As albivermellas asinaron un gran partido, especialmente na primeira metade. Só faltou a puntería. Tralo paso polos vestiarios, o Lugo foi de menos a máis para levar os tres puntos nun tramo final no que foi claramente superior ao Bergantiños. As capitalinas, cuartas, igualan a 22 puntos na clasificación coas de Carballo.

Pola súa parte, o Antas prosegue coa súa liña ascendente. O enorme encontro realizado polas do Castro Seoane non chegou para puntuar. Aínda así, o bo fútbol está cada vez máis preto para as da Ulloa. Nuria Louzao aportou un ‘dobrete’ que lle deu emoción aos minutos finais. O Noia vencía por 0-3 no minuto 69 e o Antas meteuse de cheo no partido, ao facer o 2-3 no 88. Porén, a goleadora Noelia Mayo sentenciou na prolongación para as visitantes.



Un efectivo Monte Forte leva o único derbi na Segunda

O Monte Forte sobrepúxose ás baixas e provocou a primeira derrota dun Chantada pouco efectivo. As de Gorry controlaron a primeira metade, exhibindo toda a súa pólvora mollada. Esta circunstancia deulle vida a un Monte Forte competitivo e que levou o premio gordo nunha ocasión de Aitana a vinte minutos da conclusión.

Con este revés das do Sangoñedo, xa só quedan dous equipos invictos na categoría. Ambos lucenses. E un deles con certa dose de suspense. O San Lázaro encomendouse ás postrimerías do partido e á súa goleadora Jenny para sacar adiante un duelo gris. As de Luchi pecaron de falta de intensidade, contundencia e claridade nos pases. Iso si, a sorte estaba de cara. A colexiada anulou un gol ao Arzúa á media hora de xogo. Non así, o dun San Lázaro dominador no segundo acto.

Ainara Silvosa, autora dun hat trick para a Milagrosa

O líder PM Friol B suma e segue. Novo triunfo das de Santi Vieitez ante o Santiso. Despois dunha primeira parte para olvidar, os axustes tácticos deron o seu froito. E mandaron os goles de Andrea Vigo Nuria Meijide, porteira antes do descanso e dianteira despois.



Cambiamos ao extremo sur da provincia, onde o Carballedo non tivo o día de cara. Comezou cun tempraneiro gol en contra, que remontou antes do descanso. Unha xogada pouco afortunada á volta dos vestiarios, puxo de novo as táboas no marcador. Co 2-2 definitivo á postre. As de Adrián Rodríguez tentárono sen sorte. Un querer e non poder para morrer na beira da área rival!

Ademais, a Milagrosa non deu opción ao Silleda. Ainara Silvosa asinou un hat trick e Nazaret e Leire, sendos ‘dobretes’. O San Roque, que creceu co paso dos minutos, non tivo piedade co Cruces. Sofía, Naiara e Saray marcáronos a pares. Por último, unha boa versión da Comercial non impediu a derrota ante o potente Touro. O 4-0 ao descanso foi unha dura lousa para as de Vivian Dors, que aínda non puntuaron en Liga.

resultados da xornada

Nuria Louzao, dous goles na derrota do Antas

PM Friol 5-3 Parquesol

Lugo 1-0 Bergantiños

Antas 2-4 Noia



Santiso 0-2 PM Friol B

Chantada 0-1 Monte Forte

Milagrosa 8-0 EF Silleda

Touro 5-1 Comercial

Arzúa 0-1 San Lázaro

Carballedo 2-2 Bandeira

Cruces 3-8 San Roque

Primeiro triunfo do PM Friol na Segunda RFEF

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

Primeiro triunfo do PM Friol na Segunda RFEF

Unha imaxe icónica e a docena de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *