Os sobranceiros da Terceira na terceira xornada da 2ª fase

 

A igualdade impera no grupo da fase polo ascenso á Segunda Galicia porque ninguén foi quen de gañar todos os encontros disputados. Só o Corgo, cun partido menos, se mantén invicto cunha vitoria e un empate. No Trofeo Delegación o Friol B é o que sobresae nestes momentos no grupo norte á fronte da clasificación; no sur, o Laxosa e o Paradela comparten a cabeza da táboa. Foi unha xornada de descanso para o Rioaveso e o Guntín.

Na fase polo ascenso, dentro da igualdade, o que mellor números ten é o Catro Roldas que sae como líder do triple empate que hai nos primeiros postos da clasificación. O equipo de Román conseguiu unha importante vitoria diante do Cervo onde volveu a marcar bos goles como leva facendo dende que comezou o 2018. Arrieiro pegoulle dende 3/4 de campo a balón parado. Nun encontro no que o equipo amarelo, a pesar da vitoria, acabou con nove e co adestrador David tamén expulsado. O Goiriz é o segundo logo de vencer ó Fonsagrada nun gran traballo colectivo onde destacou Ramiro no manexo do xogo. Terceiro é o Incio que sufriu a primeira derrota da fase ante un Corgo que levou o peso do enfrontamento e aproveitou a súas ocasións. O Sober conseguiu a primeira vitoria da fase ao derrotar con claridade a Comercial. Unha Comercial que pasa por uns días difíciles despois do falecemento do que fora seu presidente e agora era o de honra, Manuel Díaz Souto ´O Neno´. Esta fin de semana gardarase un minuto de silencio en todos os encontros que se disputen na provincia.

No grupo norte do Trofeo Delegación, o Friol B mantén a súa boa xeira e empatou nun encontro de goles ante o Celta Barreiros. O lateral Mariano foi un dos máis sobranceiros nos locais; Choni e Iñaki destacaron nun Celta Barreiros que contou coa parada final de Fraga que lles permitiu sumar un punto importante a domicilio. Foi o último encontro de Djibi co equipo da Mariña xa que ten que deixar o club por motivos laborais.

O Muimenta é segundo logo de vencer na casa ao Cazás nun encontro pouco brillante no que un penalti claro a favor dos locais foi o primeiro paso para desequilibrar a balanza. Celeiro e Rábade tamén empataron nun duelo no que David Vázquez destacou nos locais e Jose e Marcos fixérono para o equipo adestrado por Óscar Jaime.

 

No grupo sur, o Laxosa mantense á fronte ao derrotar pola mínima a un Relámpago Taboada que chegou con moitas baixas e mesmo tivo que entrar na convocatoria algún futbolista lesionado. No coliderado do grupo tamén está o Paradela que venceu a un Río Sil afectado polas lesións, no descanso xa tiveron que trocar a tres mancados.  No equipo adestrado por Senén sobresaíu Cristian Magdalena «Termi». No outro choque da xornada o FC Becerrea e o  Quiroga empataron a un gol. Nos visitantes volveu Juanmi a un gran nivel, despois de algunhas semanas de baixa. Sumou o seu primeiro gol do ano Mavilo.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.