#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 24) e Preferente (Xornada 23)

O Viveiro saiu do descenso despois de golear ao Outeiro de Rei no derbi da xornada. Arturo asinou os dous primeiros tantos nun encontro que os mariñáns sentenciaron na reanudación. Carlos Carrera voltou á meta dos de Juan Peón. Por desgraza, é outro equipo lucense o que entra na queima do descenso: o Atlético Escairón. Os pupilos de Charly cederon na segunda metade ante o As Pontes, un dos candidatos ao ascenso.

Precisamente, nesa zona nobre o Ribadeo superou ao Boimorto con doblete de Poratti incluido. Tamén gañou o Polvorín, con dous tantos pasada a media hora de xogo. E o Castro empatou no campo do Sofán pese ao tempraneiro gol de Iván González.


Ademais, a Residencia sufriu unha dura derrota ante o Dubra. Foi gañando durante máis dunha hora e viu como lle arrebataban os puntos con dous goles nos últimos cinco minutos. Por último, o Racing Villalbés remontou o tanto inicial do Cultural Areas e situase na cuarta plaza. Vérez estreouse como goleador co primeiro equipo ante un rival no que xogou o lucense Ross, esta vez na posición de mediocentro.



[themoneytizer id=»15360-16″]

Trío de Ases Terceira (Xornada 24) e Preferente (Xornada 23)

Palabra de… Rubén Candal: «Hai que saber,

Trío de Ases Terceira (Xornada 24) e Preferente (Xornada 23)

O partido en imaxes: Abadín C.F. –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *