As nosas redes falan!
Xa con dúas xornadas de Terceira e unha de Preferente disputadas, todo semella volver á normalidade no noso fútbol, e tamén na participación nas nosas redes sociais!
Xa con dúas xornadas de Terceira e unha de Preferente disputadas, todo semella volver á normalidade no noso fútbol, e tamén na participación nas nosas redes sociais!
José Rodríguez ‘Kubala’ (Monforte de Lemos, 1959). Nome de mediocentro e alcume de lenda. Un mítico que regresa ao noso fútbol. Despois dun tempo fóra dos terreos de xogo, este veterano preparador decidiu emprender unha nova aventura. Será no EF Polvorín xuvenil, no noso fútbol base. FUTBOLINLUGO: Boas míster! Imaxino que contento por volver adestrar… KUBALA: […]
Pouco a pouco van comezando as competicións. Se a fin de semana pasada arrincaba a Terceira, esta foi o turno da Preferente á que lle seguirá na seguinte semana a Primeira Galicia. Na Terceira o Racing Vilalbés empatou ante un dos candidatos a entrar no play-off como é o Boiro. Nun partido marcado pola forte […]
O fútbol veterán está ante as portas dun novo comezo dos campionatos. Para varias parroquias ou concellos os veteráns son os únicos que aínda manteñen o espírito do balompé con vida e fan desfrutar cada fin de semana os seus familiares e vecinos. Para iso, poñemos a vosa disposición os calendarios das tres categorías do […]
Sete equipos representarán á provincia de Lugo na nova Preferente, que comeza esta fin de semana. Dende Futbolinlugo, quixemos facer unha análise destes equipos antes de que empece o espectáculo. CD Castro: Recén descendido, moveuse algo tarde no mercado. Aínda así, as súas fichaxes invitan ao optimismo. Debería estar na zona alta grazas ao […]
Pouco a pouco imos chegando ao remate do verán e o inicio das competicións marcan a actualidade no fútbol provincial. Non obstante, os equipos seguen reforzándose, buscando cubrir os postos que aínda non teñen pechados. Mentras iso siga ocorrendo, seguirá habendo episodios do diario dun mercado. Na Preferente, o Escairón ten un novo atacante antes […]
O Viveiro afronta a temporada 2017/2018 con moita ilusión, pero tamén con moita prudencia debido aos cambios que sufriu o plantel respecto á pasada campaña. Tan só catro xogadores renovaron, e outros tantos son os que suben do equipo xuvenil ao rematar a súa etapa no fútbol base.
Futbolinlugo naceu hai un ano e uns días coa intención de poñer en valor o mérito de futbolistas, adestradores, directivos e seareiros do fútbol máis afeccionado. En definitiva, de persoas que dunha ou doutra maneira volcan parte do seu esforzo diario nun obxectivo común. En ningún momento a nosa idea é prexudicar a ningún club, […]
Tanto en infantís, cadetes e xuvenís, as ligas locais deste ano prometen. Todos os anos dan moito que falar, por distintos derbis comarcais, ou mesmo porque comezan a despuntar algunhas promesas nelas. Os calendarios xa son oficiais, e Futbolinlugo conta con eles integramente.
Coa Terceira División xa comezada, a Preferente a piques de facelo, e co resto de ligas tamén preto do seu inicio, a actividade nas redes sociais é cada vez maior. Posiblemente sexa a emoción… comeza a campaña 2017/2018!!!
Xa se poden comezar a apuntar nos almanaques os encontros da Terceira Galicia, iso si, os da primeira fase. Os equipos que finalicen na primeira e na segunda posición, máis os dous mellores terceiros de todos os grupos, xogarán unha fase de ascenso (partidos de ida e volta) na que ascenden os cinco primeiros clasificados. […]
O fútbol lucense estábao agardando e xa está aquí. A Segunda Galicia bota a andar a segunda fin de semana de setembro (9 e 10) e os equipos xa teñen a súa disposición a folla de ruta a seguir durante a fase regular do campionato. Os dous primeiros de cada grupo lograrán o ascenso á […]
Alberto Fernández Vidal ‘Káiser’ (Lugo, 1995) xa é un peso pesado na Cheda. Toda unha institución na Residencia. Aos seus vintedous anos xa pasou por case tódolos estamentos do mítico clube capitalino. Xogador, técnico e agora coordinador deportivo. O máis novo da cidade amurallada. E quizais da provincia. Sen máis dilación falamos xa co auténtico […]
As competicións están a piques de comezar (a Terceira xa o fixo), pero aínda quedan asuntos por apuntalar nas categorías do fútbol lucense neste mercado. Na Preferente, un lucense marcha cara o As Pontes. O porteiro Kiko Mariño reforza o equipo coruñés coa idea de pelexar polo ascenso á Terceira. Alí coincidará con outros viveirenses […]
Miguel Teijeiro xa volve marcar goles co Atlético Escairón, o equipo da súa terra. Disfruta do fútbol e dos antigos compañeiros coma o primeiro día! E nós quixemos facernos partícipes da súa felicidade. Porque estamos seguros de que este ano o ‘Rifle Pandiani’ será un auténtico francotirador! Comezamos FUTBOLINLUGO: Boas Miguel! Como vai esa volta […]
A primeira categoría do fútbol modesto inaugura a temporada 2017/2018 esta fin de semana. Alí, haberá só un representante lucense, a diferenza dos dous que houbo estes últimos anos, xa fosen Castro ou Ribadeo. O Racing Vilalbés representará a provincia na que será a súa décimo sexta participación na Terceira. O conxunto chairego segue apostando […]
Xa son oficiais os calendarios de fútbol feminino para as nosas rapazas do Peluquería Mixta Friol e da SCD Milagrosa. As primeiras xogarán, como xa é habitual, na Segunda División, ante rivais de enorme talla. O conxunto da capital, pola súa banda, milita na Primeira División Galega, e visitará campos de toda a comunidade.
As competicións están a piques de comezar, e os clubes apuran ao máximo o mercado de fichaxes para facerse con xogadores que, á longo prazo, poden ser determinantes no devenir das ligas!
E chegamos a mediados de agosto. Adestramentos xa comezados, primeiros amistosos disputados… pero continúan as verbenas tamén. Isto é o mellor que nos deixou a semana!
Raúl Morán debuta esta campaña á fronte dos cadetes do CD Castro. Todo apuntaba a un ano fóra dos banquiños porén unha persoa insistiu o suficiente para facelo cambiar de idea. Así que xa instalado no Arturo Pereiro, quixemos falar con él sobre presente, pasado e futuro. Imos aló! FUTBOLINLUGO: Boas, Raúl! Como te atopas? […]