As novas non paran na provincia lucense. Pese a que a temporada rematou hai poucas semanas, a mayoría de clubes están a confeccionar os seus cadros de cara a cumplir os seus obxectivos na vindeira campaña. Hoxe, falamos de movementos na Primeira Galicia, coa incorporación de Dafonte ao Lemos e a conversión de Cholas en adestrador da SD Outeiro de Rei, tras actuar como xogador este ano, ademais de ser o segundo adestrador deste mesmo equipo!

Igualmente, na Segunda Autonómica, equipos como o Iberia CF comezan a debuxar o seu plantel, coa fichaxe de Iván Sánchez, natural de A Devesa e ex-xogador do Valadouro e con pasado noutros clubes mariñanos tales como Ribadeo, Celta Barreiros…

Precisamente o Celta Barreiros continúa apurando a confección do seu equipo de cara a 18/19, e anunciou as renovacións de Iñaki, xogador afianzado no clube, e Choni. Na Terceira Galicia, asemade, David Lorenzo renovou no Catro Roldas, clube que incorpora tamén a Samuel Seijas, procedente dos xuvenís do Racing Villalbés.

Por último, chegan novidades importantes no que respecta ao fútbol feminino, xa que a SD Chantada creará un equipo feminino. Así, serán cinco os equipos representantes da provincia! Desde Futbolinlugo seguiremos informando acerca da creación deste novo equipo!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario