A Axenda: encontros con sabor a final a comezos de febreiro

Ademáis do derbi provincial entre o Lemos e o Viveiro, traemos esta escolma dos encontros máis salientables da fin de semana na xeografía lucense: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – C.D. Choco (Domingo ás 16:30 horas na Cheda): o filial albivermello, logo de golear a domicilio ao Pontellas, recibe a un aspirante a meterse na promoción […]

O Taboada B reencóntrase coa vitoria e o Sober apaga a xeira do Carballedo

Dos primeiros clasificados de cadanseu grupo da Terceira, o Fonsagrada foi o único que non conseguiu gañar. Aínda así, mantense no máis alto do grupo norte. No sur, curtáronse xeiras negativas e positivas. Sen cambios na parte alta. Os detalles contámolos no Tres en Raia da 12ª xornada. O Fonsagrada continúa no máis alto do […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – Viveiro C.F.: o líder rinde visita á Pinguela

Dous históricos do fútbol na nosa provincia veranse as caras este domingo ás 16:30 horas na Pinguela. Lemos e Viveiro, un que voltou á Preferente pra quedarse e outro que pretende subir un chanzo máis. Dúas realidades distintas cítanse nun dos mellores encontros que se pode ver na xeografía lucense, baixo a dirección do colexiado […]

O Alfoz e o San Lázaro incrementan o seu dominio no inicio da 2ª volta

Puido ser chave a primeira xornada da segunda volta? Iso poderá dicilo máis adiante o tempo. Polo de agora quedan 14 partidos por xogar. O certo é que na pasada fin de semana enfrontáronse os dous primeiros clasificados de cadanseu grupo. E as vitorias foron para os líderes que se asentan no primeiro posto da […]

Derrotas peligrosas e un filial intratable

O PM Friol, equipo referencia do fútbol feminino provincial, caeu esta fin de semana na casa do Racing de Santander por 1-0. Coa derrota, o equipo da Reigosa áchase a tan só 3 puntos dos postos de descenso, tras a victoria dunhas das súas rivais directas, o Pozuelo. As de Friol tratarán de alonxarse destes […]

O partido en imaxes: Ferreira CF-SDC San Lázaro (1-2)

O pasado domingo medíronse dous dos equipos punteiros da Segunda Galicia Sur, o Ferreira e o San Lázaro. Nun choque moi parexo, os da Ponte superaron aos locais por 1-2, o que dispara ao conxunto adestrado por Diego Rey no alto da taboa. Aquí, as mellores instantáneas do duelo, obra de Mariluz Fagín.

Pleno de vitorias na Terceira e preocupante xeira dun Foz que se afunde en descenso

O Trío de Ases tráenos un pleno de triunfos na Terceira. O Racing Vilalbés gañou na Madalena ao Silva, mentres que o Polvorín goleou a domicilio ao Pontellas. Na Preferente, a Sarriana gañou o derbi provincial á Residencia e o Foz caeu no Martínez Otero ante o Noia. O resto foron empates. O do Viveiro […]

A Axenda: os ‘galos’ de Segunda Autonómica vense as caras nos dous grupos

Ademáis do Partido da Xornada, este fin de semana temos na xeografía lucense encontros máis que interesantes, que resumimos na nosa Axenda: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – S.D. Silva (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo da última derrota no Poboado, os de Simón Lamas tentarán voltar á senda da vitoria no seu feudo […]

Un liderado ficticio e un Carballedo de sobresaínte

A 2ª volta da Terceira Rexional comezou con cambio momentáneo de liderado no grupo norte. O Fonsagrada non xogou o seu partido por incomparecencia do rival, pero o Comité de Competición xa resolveu que lle sexan asignados os tres puntos. O primeiro posto foi ocupado pola SD Viveiro de maneira extraoficial durante estes días. No […]

O Alfoz colócase líder na última xornada da 1ª volta

Rematou a 1ª volta na Segunda Rexional. Fíxoo con cambios no grupo norte. O Alfoz encabeza a clasificación logo de gañar o seu partido e aproveitarse da derrota do Sanci. Un primeiro posto que volverá estar en xogo na vindeira xornada. A primeira da 2ª volta trae un duelo entre os dous implicados. O grupo […]

A Sarriana goleou no derbi provincial a un feble Foz

Comezamos a segunda volta cun Trío de Ases que nos deixa na Terceira División a derrota do Racing Vilalbés no derbi de proximidade ante o As Pontes e o empate do Polvorín ante o potente Arousa na Cheda. Na Preferente, xornada propicia para os nosos equipos, salvo para o Foz que caeu con estrépito na […]

O partido da xornada… SD Sarriana-CD Foz: derbi para recuperarse

A Sarriana e o Foz mídense este domingo ás 16:30 na Ribela no que será o primeiro derbi lucense da segunda volta na Preferente Norte. A el, os equipos chegan en situacións e con ambicións distintas, pero ambos veñen dunha xeira de resultados negativa que tratan de cortar cunha victoria.