Un mal comezo de segunda volta e un derbi moi igualado

A pasada fin de semana comezaba a segunda volta no Reto Iberdrola, onde o representante lucense, o PM Friol, está a realizar un papel máis que digno. Porén, as de Ángel Villar non comezaron con bo pé a segunda parte da temporada, caendo por 1-0 na casa do Deportivo Alavés. As lucenses mereceron máis, pero […]

A Fonsagrada e o Sporting Lucense son os campións de inverno

Foto de portada: Mariluz Fagín Rematou a primeira volta na Terceira Rexional. O novo ano non trouxo cambios nos primeiros postos, aínda que si sorpresas nalgúns resultados. A Fonsagrada e o Sporting Lucense son os campións de inverno dunha competición á que aínda lle queda moito por dicir. Veremos se se cumpren os desexos. Polo […]

Manolo González, CF Badalona: «Gustaríame adestrar ao CD Lugo»

Está a ser unha das tendencias da información deportiva en Galicia. Adestra lonxe da súa terra a un conxunto do Grupo III da Segunda División B que vén de eliminar na Copa do Rey a un Getafe (que disputa este ano a Europa League) e os seus rexistros ligueiros son admirables. Tamén soña con volver […]

O Alfoz achégase ao líder nunha xornada de derbis en toda a provincia

A penúltima xornada da primeira volta na Segunda Rexional coloca ao Alfoz máis preto do primeiro posto. Nunha finde no norte marcada polo partido da xornada no Derbi das Praias. Pero tamén houbo duelos de proximidade no sur onde o San Lázaro continúa coa súa boa xeira e mantén as distancias. A continuación os onces […]

O guante de Xaime dalle ao Viveiro tres novos puntos

O último Trío de Ases da primeira volta déixanos dous empates na Terceira. O do Racing Vilalbés na Estrada e o do Polvorín na Cheda co Paiosaco. Na Preferente, o Viveiro sufriu para gañar en Laracha, o Ribadeo empatou co Mugardos e a Residencia fixo o propio no campo do Montañeros. E tres derrotas, a […]

A Axenda: todo o fútbol lucense en marcha despois do parón

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – U.D. Paiosaco (Sábado ás 16 horas na Cheda): Logo de dúas derrotas consecutivas, o filial albivermello buscará un triunfo que o afaste do perigo ante un vello rival da Preferente. O Paiosaco chega a este encontro como pechacancelas e non é quen de gañar desde o mes de outubro. PREFERENTE […]

Fernando Corredoira (SD Pol): «O equipo foi medrando co paso das xornadas»

O pasado mes de marzo a SD Pol cumpría 40 anos. Meses máis tarde, celebraba ese aniversario coa permanencia na Primeira Autonómica, á que ascenderan na 2017/2018. Porén, a entidade polense, non contenta con iso, deseñou o pasado verán un proxecto para levar ao equipo á Preferente Autonómica nesta 2019/2020. Para logralo, a directiva deu […]

Samos (Paradela): «Volvo ao fútbol campo por pasalo ben»

Levar o alcume do teu pobo é motivo de responsabilidade. Tamén de orgullo. O nome de Samos estivo presente nos últimos anos por moitos dos campos da Preferente. Así é como se lle recoñece a Diego Castro Orille (Samos, 10-08-1990). Pero tamén se botou en falta nos últimos tempos. Son as cousas do fútbol modesto. […]

O partido da xornada . . . Iberia C.F. – Celta Barreiros: o retorno dun derbi moi agardado

Xa pasou moito tempo desde o último enfrontamento, tanto que incluso moitos dos seareiros de ámbolos clubes nin se lembran do último. Máis de oito anos sen que o Iberia e o Celta Barreiros se vexan as caras nun encontro ligueiro, pero este sábado ás 16:15 horas enfrontaranse de novo coas Valgas como esceario. O […]

Os desexos da Terceira Rexional para o 2020

A Terceira Rexional leva máis dun mes hibernando. Vai espertar esta fin de semana co regreso da competición no grupo norte e no sur. Farao, por exemplo, cun derbi municipal. O Celeiro volve ter compañía de equipo viveirense. Esta sábado xogará ante a SD Viveiro, un dos grandes protagonistas no tramo inicial de liga. Antes […]

O Racing Vilalbés gaña ante outro ‘histórico’ e a Residencia golea no derbi

O primeiro Trío de Ases do 2020 déixanos na Terceira a vitoria do Racing Vilalbés diante da UD Ourense e a derrota do Polvorín na súa visita a Arzúa. Na Preferente, o Viveiro gañoulle ao San Tirse e a Residencia ao Lemos no derbi. A Sarriana arrancou un punto do campo do Arteixo, mentres que […]

A Axenda: O noso fútbol bota a andar no 2020

Comeza o ano e como apertivo ao día de Reis, varias categorías do noso fútbol xa se poñen a andar. Aquí unha pequena escolma dos encontros máis destacados: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – U.D. Ourense (Domingo ás 16 horas na Madalena): o conxunto chairego, aínda co derbi ante o Polvorín por disputar, suma dous […]