#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF #Veteráns

Os dous partidos do All Star 2022, íntegros

Xa vos dixemos que este Nadal estabamos con ganas de agasallar. E tiñamos un par de presentes na recámara para ofrecervos. 2022 foi o ano da volta á ‘normalidade’. Da recuperación dun fenómeno que iniciamos alá polo 2019, o All Star Futbolinlugo.

Carballedo recolleu o relevo de Burela e albergou a II edición do All Star Futbolinlugo. A gran festa do fútbol lucense mantivo o formato estreado na Mariña, cun partido masculino e outro feminino. Sen olvidarnos dos concursos.

Pois ben, nestas datas tan sinaladas queremos ofrecervos íntegros ámbolos dous encontros. Para que os poidades desfrutar en calquera momento e telos sempre ao voso alcance.

Aproveitamos tamén a ocasión para indicarvos que durante o próximo mes procederemos a elección do All Star Futbolinlugo 2023. Estamos valorando diversas opcións. Pero aínda estamos abertos a escoitar e estudar novas propostas. Veremos onde se celebra a III Gran Festa do fútbol lucense. Nunhas semanas sairemos de dúbidas! Mentres tanto, a gozar destas festas e prepararse para un próspero 2023!



Os dous partidos do All Star 2022, íntegros

Rodrigo de Paul recibe a chamada de

Os dous partidos do All Star 2022, íntegros

Javi Pájaro: «A miña ilusión sempre fora

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *