A catro días para a celebración do All Star Carballedo 2022, xa podemos facer públicas as diferentes convocatorias para os dous encontros que se disputarán ao longo do día. Velaquí os/as futbolistas seleccionados polo seu excelso rendemento ao longo da campaña 21/22.
Máis de sesenta xogador@s están citados para o gran evento do fútbol lucense. As circunstancias da temporada fan que coincida nunha última finde de xuño onde aínda hai as finais de Copa en varias categorías, como a de Primeira e Preferente. Non están todos os que son, pero si que son todos os que están.
Contamos a convocatoria a través das redes sociais da man de dous especialistas xa da comunicación futbolística. Anxo Salcedo (de ‘Fica Coa Bola’) e Dani Cabo (de ‘Non Vale Furar’) relatan con humor (e a aparición estelar de Fran Cañotas) @s convocad@s para este sábado no Catro Ventos de Carballedo.


A continuación detallamos individualmente cada equipo co nome dos xogadores e o equipo de procedencia. Ademais engadimos o dorsal que levarán as costas coa equipación especial do All Star deseñada con moito mimo para a ocasión.
Selección Feminina Norte. O cadro dirixido por Pili Neira contará coas seguintes xogadoras. Algunha baixa de últimisima hora, provocou que a selección final estea conformada por 15 futbolistas que de seguro desfrutarán da experiencia sobre o céspede.

Selección Feminina Sur. Ibán Crespo dirixirá ao seguinte equipo conformado por 17 xogadoras. Ademais das futbolistas que xogan na provincia, a selección conta coa presenza de Carmen Carballada. A futbolista monfortina xoga no Deportivo B, a quen tamén agradecemos as facilidades amosadas para poder contar coa súa xogadora.


Masculino Preferente + Terceira. Javi Chinchón e Paco Corredoira liderarán este cadro de 18 futbolistas procedentes de diferentes lugares da provincia. O equipo contará coa presenza de Diego Arias, xogador que colgou as botas hai unhas semanas no seu Lemos e fará o propio no All Star.

Masculino Primeira + Segunda. Roberto Fernández e Óscar Méndez dirixirán a 17 xogadores, logo dunha baixa tamén de última hora. Terán que lidiar cun equipo moi ofensivo no que tamén terá o seu último baile Montxo. O xogador de Lourenzá tivo a súa homenaxe co cadro laurentino, pero agora baixa o sur para recibir a de toda unha provincia.

Estes son tod@s os xogador@s convocad@s, pero non son os únicos protagonistas do II All Star Futbolinlugo. Lembrade que tod@s podedes ter o voso protagonismo acompañándonos neste día tan especial para nós, onde sacamos ao campo todo o traballo que facemos no día a día. E se queredes ser parte activa, anotádevos nos concursos que temos preparados. En definitiva, tod@s estades convocad@s!