Din que as mellores cousas da vida suceden cando menos as esperas. Iso lle pasou a Lucía Cabado Real ‘Luchi’(Lugo, 1992). A nova adestradora do San Lázaro, segundo clasificado da Segunda Galicia Grupo 3, chegou por ‘casualidade’ ao histórico club da Ponte. Porén despois de falar con ela, un dáse de conta de que as vogais estaban mal colocadas. E a súa aterraxe no banco das Gándaras foi toda unha causalidade.
FUTBOLINLUGO: Boas Luchi! Equipo novo e unha soa derrota a vísperas do Nadal. Imaxinabades esto nos mellores soños?
LUCHI: As xogadoras tiñan moita ilusión en que isto sucedese. Ao falar individualmente con cada unha delas no verán, dinme conta de que esperaban ser un gran equipo. Que estivese nos postos altos da táboa e incluso pelexar por un posible ascenso. Eu non o tiña claro, só pensaba en consolidar o grupo e facer que todas rendesen para competir. Tamén é certo que quizais agardaba máis nivel na categoría.
«As xogadoras falaban dun posible ascenso. Eu non o tiña claro»
FIL: Sona todo moi ambicioso para ser unha estrea, non si Luchi?
LUC: A nivel persoal e de club, o obxectivo principal é o grupo. Facer un bo grupo. Non deixa de ser un primeiro ano, un inicio. Pero logo todo o que veña, benvido sexa. Ademais temos a sorte de contar cun número amplo de xogadoras que che permite realizar adestramentos de calidade e máis cousas.
FIL: Aínda así, existe unha pequena trampa entre tanta novidade! Sabemos que parte do núcleo do equipo era o da antiga Comercial. Como foi realmente o proceso de conformación do San Lázaro?
LUC: É certo, ata nove xogadoras veñen da Comercial. Pois todo empeza con Jenny e Belén, unha vez rematada a tempada coa Comercial. O San Lázaro levaba 2-3 tempadas tentando sacar un equipo feminino. E sen contactos é complicado atraer xogadoras. Era o momento, xuntáronse as gañas de todas as partes. Jenny e Belén a varias xogadoras e a xente doutras disciplinas. Comezaron a adestrar con ‘pachangas’ en xuño, e decidiron seguir para adiante.
«Sen contactos é complicado atraer xogadoras. Xuntáronse as gañas de todas as partes»
FIL: E en que punto da ecuación entrou Luchi?
LUC: Buscaban adestrador e eu cheguei por casualidade. Eu son a segunda adestradora de varias delas a fútbol sala. Pedíronme opinión sobre varios técnicos e dínllela. Aos poucos días acabáronme chamando a min e presentándome o proxecto. Aceptei e feliz que estou.
«Cheguei por casualidade. Dinlles opinión de varios técnicos e acabaron chamándome a min»
FIL: Que che parece a reestruturación do fútbol feminino de cara á vindeira tempada? Ti queres escoitar a palabra ascenso no medio de semellante encrucillada?
O San Lázaro posando para a IV Guía Futbolinlugo antes da súa estrea oficial
LUC: De eso falaban as xogadoras antes de ver o plan competicional. Ao pouco diso, a Federación anunciou que quería facer a Terceira Galega. Pero dentro da multitude de equipos que hai en Segunda e os poucos ascensos que haberá, hai unha parte boa: o fútbol feminino crece. Nós o que temos que lograr é asegurar o posto na Segunda Galicia. O ascenso sería algo moi épico.
«O ascenso sería algo moi épico»
FIL: Falabas da boa saúde do fútbol feminino. Que cambiou nos últimos anos para conseguir este crecemento exponencial?
LUC: Cando eu xogaba ver a unha nena era algo excepcional, cuns pais ‘tolos’ que a deixaban alí en medio dos homes. Agora o fútbol xa non está pechado ao ámbito masculino. A base que se foi xerando cos anos xa a vemos a día de hoxe. Eso permite que mulleres feitas e dereitas se plantexen agora xogar, cousa que antes non facían. Agora non só xogan as que a xente pensa que son homosexuais. Estamos acabando con estereotipos. E nós estamos abertos a que cheguen moitas máis rapazas ao noso equipo.
«Agora non só xogan as que a xente pensa que son homosexuais»
resultados da xornada
Touro 1-5PM Friol B
O líder goleou ao o Touro
O cadro de Geluco Villar mantén a súa marcha triunfal pola Segunda Galicia. No encontro adiantado desta última xornada de 2022, o PM Friol B volveu sumar de tres. Un combativo Touro plantou cara durante toda a primeira metade. Aínda así, na reanudación o líder non deu opción cun papel destacado de Nuria Meijide e Nere Lombardero. Cada unha delas fixo o seu ‘dobrete’. A nota negativa do partido foi o tenso intercambio dialéctico entre o técnico local e a xogadora lucense Covi.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.