O Torneo Delegación xa está listo para comezar
-
- 0
- 2min de lectura
Os equipos da Terceira Futgal xa saben cales serán tanto os seus rivais coma as datas nas que disputarán a fase de grupos do Torneo Delegación desta tempada. Esta competición xógana os equipos que ou ben non entraron na promoción de ascenso e os que a vindeira campaña disputarán a Segunda Futgal. A competición arrincara durante o fin de semana que vén, ao mesmo tempo que darán inicio as eliminatorias para a loita polo ascenso.
A primeira fase do Torneo Delegación constará esta tempada de tres grupos. No grupo 1, Friol B, Goiriz e Catro Roldas intentarán gañar o seu grupo e avanzar de rolda. O grupo 2 ten coma integrantes a Comercial, Roupar e Castroverde. Por último, no grupo 3, único grupo con catro equipos da competición, participarán Bóveda, Sober, Carballedo e Relámpago Taboada. Unha ausencia destaca no cadro de equipos que disputan a competición, xa que o campión do sur, o Monterroso B, non estará nesta fase.
Á mesma vez que a semana competición arrancará o Torneo Delegación, a promoción de ascenso á Segunda Futgal tamén dará os seus primerios pasos coa ida das semifinais de cada un dos grupos. O día 30 de marzo será o primeiro encontro e o 6 de abril será a volta. A final será tamén a ida e volta os días 13 de abril e 27 de abril. No norte, o Abadín arrincará recibindo ao Cazás e o Matela ao Rioaveso Machinango. No sur, a Sarriana B dará comezo ao seu camiño no playoff contra o Sporting Lucense e o Taboada B enfrontarase ao Corgo.