O Monterroso B celebra o ascenso

O Monterroso B sube á Segunda Futgal

Nunha xornada de infarto, o Monterroso B cumpliu todos os pronósticos e coa vitoria ante o Bóveda por 7-0 conseguiu ser o campión do grupo sur da Terceira Futgal. Un ascenso moi pelexado que puideron acadar xogando na súa casa cun estadio de Cerdeiriños cheo de afeccionados, familiares e amigas nun día perfecto para o fútbol. Todo chegou cun curso marcado polo gran traballo e compromiso de todos os compoñentes dun cadro que xa ten o título nas súas mans.

«O día futbolístico máis fermoso da nosa vida»

Para o adestrador do Monterroso B, Pampín, o encontro de onte foi «un día espectacular cun tempo perfecto e moi especial por toda a afección. Puidemos xogar no natural é foi o día futbolístico máis fermoso da nosa vida». Todo un premio a unha tempada na que o Monterroso mostrou un gran nivel no seu xogo e que ven convertido nun título moi merecido nunha competición parella ata o final.

Iso si, aínda que o encontro foi doado e o Monterroso cumpliu con todos os pronósticos, o partido case non se disputa por unha anécdota co árbitro que esquecera as tarxetas. A situación, por fortuna, puido resolverse rápido e para sorte de todos xogouse o encontro polo ascenso. A comodidade coa que o Monterroso B levou o ritmo do partido fixo que no banquillo tiveran un ollo no resto de encontros para saber quen os ía acompañar. E a festa do ascenso tivo un invitado, Valiño do Relámpago Taboada, autor dun doblete nesta xornada completando un día perfecto para o fútbol monterrosino.

O Monterroso B, exemplo de compromiso

A gran chave da tempada para o técnico do Monterroso B foi o gran compromiso de todos os compoñentes do equipo. Pampín afirma que «a unión e o esforzo de todos os rapaces durante o ano é o que nos fixo chegar a este punto. Eu sei que é moito máis doado para todos cando o que chegan son vitorias, pero o compromiso nos momentos máis complicados da tempada leváronnos a conseguir o ascenso».



Ademais, o conxunto monterrosino exhibiu a súa efectividade en partidos decisivos. Os pupilos de Pampín conseguiron gañar todos os duelos directos, o que lle deu moita tranquilidade no tramo final da tempada. Ademais, Pampín afirma que «tivemos a capacidade de non perder a cabeza nunha liga tan corta, xa que perdes un partido e xa parece que marcha toda opción cando non é así».

O Monterroso B sube á Segunda Futgal

Viveiro e Ribadeo por fin gañan en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *