Estamos na recta final de xullo e coa ingónita aínda do inicio das competicións. Non obstante, os equipos continúan conformando os seus cadros. Ademais das novas na e na Preferente, salienta hoxe a Primeira Rexional nunha nova edición do Diario dun Mercado. Todos os clubs xa teñen adestrador.

A Terceira RFEF será a primeira competición en poñerse en marcha. Ademais dos equipos da provincia, avecíñase unha nova temporada con varios xogadores lucenses xogando na división. O último en unirse foi o monterrosino Álex Diéguez. Xogará no Arzúa logo de acumular experiencia no Bergantiños e no Paiosaco. Por outra banda, estrearase na 3ª César Rodríguez. O futbolista de Carballedo ascendeu o domingo co Atlético Arnoia nun final polémico da Preferente Sur. Xa foi anunciada a súa renovación polo cadro do Ribeiro.

César Rodríguez xogará en 3ª por primeira vez na súa carreira

No que respecta a Preferente, o Club Lemos conta cun cadro de xogadores con dezasete fichas. Guiti renova no equipo. Estudan realizar unha última fichaxe e está a espera de confirmar delegado. Na categoría tamén xogará o futbolista de Sarria, Álex Vázquez. O lateral esquerdo foi fichado pola UD Ourense procedente do Arzúa. Tamén en Preferente seguirá xogando David Pereiro. O ex futbolista do Outeiro ou Racing Villalbés seguirá un curso máis xogando no Pino.

Na Primeira Rexional, todos os equipos xa contan con adestrador. O banco do Monterroso ten novo inquilino. Diego Díaz será o adestrador do conxunto de Cerdiriños. Logo de sumar experiencia na base do EF Polvorín e da SD Becerreá, dá o salto ao fútbol sénior. O creador de Futbolinlugo estará acompañado neste proxecto por Álex Vasco, adestrador na base da Piringalla. Co novo corpo técnico chega a primeira fichaxe. Ismael Caamaño ‘Chipi’ reforza a portería procedente da Residencia. Un dos xogadores do primeiro equipo, Cristian Crespo será o segundo técnico do Monterroso B.

Na categoría salienta tamén o regreso de Vitín ao banco do Pastoricense. Faise cargo cun cadro de futbolista con importantes baixas. Pola súa parte, o Burela incorpora a Yeray procedente do Foz.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 466

Deja un comentario