Edgar Díaz, na súa etapa en Viveiro

O noso mercado mira hoxe tamén cara eses lucenses que xogan ao fútbol fóra da nosa provincia e que xa saben onde o seguirán facendo a temporada que vén. Na Terceira División galega Santi Gegunde e Diego Rey seguirán vestindo a camisola da SD Compostela unha temporada máis. Na Terceira Balear Edgar Díaz sumará a súa cuarta temporada no Manacor que regresou á cuarta categoría do fútbol español despois de dúas campañas na Preferente. Outro que marcha da Terceira Balear é Quico, pero non porque cambie de equipo senón porque conseguiu hai unhas semanas o ascenso á Segunda B co Formentera. O club xa confirmou que o central vilalbés formará parte do equipo na división de bronce.

Xa nas categorías lucenses, temos novidades na Preferente Norte. O Outeiro, tras rematar a súa temporada coa eliminación nos cuartos da Copa ante o Lugo B, fixo oficial a renovación do porteiro Diego Álvarez e o dianteiro Jesu, que se suman a Pereira, Aarón, Quique, Joni, Yago e Veiga. A continuidade destes xogadores xúntase coas fichaxes de Alejandro López, Diego Redondo e Adrián Vizoso.

Pola súa banda, na Terceira Galicia Sur o Incio completa o seu corpo técnico coa chegada de Raúl Fernández Leizán que fara tándem co adestrador deste pasado curso, Jessi. Na campaña que remata o Incio chegou a xogar a fase de ascenso á Segunda e caeu eliminado na primeria eliminatoria ante o Río Sil.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario