#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 01: Kiños – Lourido

Futbolinlugo estrea a nova sección titulada Sesión Plenario. Tal e como viñamos anunciando nas últimas semanas trátase dun concurso que ten por obxectivo o entretemento e a difusión do fútbol lucense. En cada programa participarán dous concursantes. Haberá cinco preguntas para cada un e o que máis acerte accederá a unha seguinte eliminatoria. Así sucesivamente ata chegar a gran final cuxo gañador levará un gran premio.

Os primeiros en participar foron Marcos Calvo ‘Kiños’ e Xosé Lourido. Ambos xogadores do noso fútbol. Non obstante, Sesión Plenario está aberta a participación de calquera persoa (sexa xogadora, adestradora ou afeccionada) que lle guste todo o relacionado co balompé provincial.

Esta nova sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as resposas dos participantes.

Dende aquí animamos a toda a comunidade do noso fútbol a participar neste proxecto. O primeiro paso é moi sinxelo; enviar un correo a futbolinlugo@gmial.com co asunto ‘SESIÓN PLENARIO’. O segundo paso aínda é máis fácil porque pasalo ben está asegurado.



No primeiro programa Kiños representou simbolicamente ao Folgueiro e Lourido fixo o propio co Meira. Como polo momento o cadro do Vicedo vai por baixo na clasificación foi o atacante o que abriu a quenda das preguntas. O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta primeira Sesión que contou tamén coa presenza de Plenario Veiga.



Sesión Plenario 01: Kiños – Lourido

A Porra de Futbolinlugo, 8

Sesión Plenario 01: Kiños – Lourido

De Mauro a Mauro nos derbis e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *