Roberto Fernández é toda unha institución no mundo do fútbol. Gardamallas con centos de partidos no fútbol profesional, principalmente entre Granada e Lugo. Nos últimos anos, encargouse da preparación dos porteiros do propio club albivermello. Nesta temporada na que agarda por novas aventuras pasouse polas I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita para falar sobre «Metodoloxía de adestramento de porteiros».
«O adestrador de porteiros é unha figura que se ten que adaptar á situación e á forma de ver o xogo do adestrador do equipo»
O técnico de Chantada realizou unha exposición detallada e amena, repleta de imaxes e vídeos. Na que se puido observar os recursos e procesos no traballo diario e semanal cos porteiros dun club profesional. Así mesmo, non eludiu o debate sobre certos aspectos e dilemas típicos no mundo de fútbol.


«O adestrador de porteiros ten que dar unha valoración dos gardamallas pero é o técnico o que debe decidir cal deles xoga»
As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo.

Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.
Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido. O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.