Ambos conxuntos chegan ao partido en situacións pouco acordes cos seus méritos. O CD Lugo -penalizado polo seu mal inicio de campaña- atópase na décima posición, con sete puntos de vantaxe sobre o descenso, e o equipo chairego chega ao derbi na última posición da táboa, pero nunha boa dinámica que o aproxima aos rivais máis próximos.
Porén, un derbi é un derbi, e se este dispútase na máxima categoría do fútbol base español, cobra aínda máis importancia. Durante 90 minutos, deixaránse de lado os puntos e a clasificación, e o único que importará será obter a vitoria ante o eterno rival.
A priori, o terreo de xogo favorecerá ao clube capitalino polo seu xogo combinativo, pero o Racing Villalbés leva toda a campaña demostrando que ningún rival en ningún campo é superior ás súas ambicións e ilusións nesta División de Honra na que, pase o que pase de aquí á conclusión da temporada, os xogadores xa escribiron unha páxina moi importante na historia de Vilalba.
Na ida, disputada no Estadio Roca, o Lugo levouse os tres puntos (1-2). Por aqueles días, Futbolinlugo xa fixera unha previa do primeiro derbi lucense na División de Honra, que podedes lembrar premendo aquí. Aquel derbi non estivo exento de polémica, xa que o gol da vitoria albivermella foi asinado nun penalti moi protestado polos locales.
Quizais este antecedente contribúa a que o Racing se lance polo triunfo este domingo. Ou quizais sexa o Lugo o que salte ao campo da Reigosa decidido, para demostrar que os tres puntos conseguidos na en Vilalba non foron casualidade. Xa sabedes, o típico dun derbi provincial: ilusión, gañas de demostrar, nervios previos… pero, sobre todo, moito fútbol e de moita calidade!
Recomendamos a todos os siareiros que queiran disfrutar dunha boa mañana de domingo que se aproximen ata Friol, porque a historia ás veces tan só é escrita unha vez!