#Benxamíns #Alevíns #Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Xuvenís

Ribadeo acollerá o primeiro evento do ano de Futbolinlugo

O próximo 26 de marzo (martes de Semana Santa) estaremos en Ribadeo para desfrutar da primeira actividade do ano. A I Xornada de Tecnificación Futbolinlugo promete ser todo un éxito despois da acollida inicial en redes. Ás tres horas de anunciar o evento, xa se tiñan cuberto a metade das prazas existentes. Quince horas despois, quedan menos dun terzo das mesmas. Estamos abraiados e agradecidísimos desta acollida!

Esta xornada encádrase dentro do obxectivo de acercar Futbolinlugo aos máis pequenos da casa, os xogadores e xogadoras sénior do futuro. Por iso, queremos seguir aproveitando os paróns vacacionais para amosar o noso traballo aos máis mozos. Unha iniciativa dun só día que terá lugar no campo artificial dos colexios de Ribadeo así como na Pavillón Municipal da vila ribadense. Empregaremos esta última instalación para levar a cabo unha sesión novidosa. De aplicación da técnica do fútbol sala ao fútbol.

Foto de familia do I Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita

Tanto na pista coma no céspede, contaremos con varios dos adestradores de referencia en cada un dos pequenos grupos de xogador@s. A súa misión é a mellora dos diferentes xestos técnicos de tod@ futbolist@ de entre 6 e 15 anos que queira participar: conducción, pase, finta, regate, disparo… Ao mesmo tempo que pasan un día inolvidable e cheo de ledicia.

Jairo Campo (SD Burela e Burela FS) e Diego Díaz (Técnico UEFA-Pro) repiten aos mandos do staff técnico, que estará completado por diversos preparadores de renome como son os casos do noso Santi Real (SD Compostela) ou o preparador de porteiros Kiko Mariño, da Sambade Goalkeeper Academy.



Como xa deslizabamos no primeiro parágrafo, as prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición. No momento en que a listaxe de inscritos se complete (que tardará pouco), abrirase outra de agarda. Todo o que desexe pode facelo a través do código QR que figura no cartel desta mesma noticia e tamén premendo neste enlace. Calquera dúbida que teñades será resolta no correo campusfutbolinlugo@gmail.com

A actividade terá un custo de 35 euros (sen comida) ou 40 euros (co xantar incluído) para os integrantes da SD Ribadeo e o Ribadeo FS. Para os externos a ambos clubs, o prezo será de 40 euros (sen comida) ou 45 euros (co xantar incluído). Tódolos participantes recibirán unha camiseta de agasallo e un día de puro fútbol (10:00 horas a 14:00 horas e 16:00 horas a 18:00 horas).

Antes de despedirnos, quixeramos agradecer as facilidades mostradas polos nosos patrocinadores: Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Gadis e Deportes A Chaira.



Ribadeo acollerá o primeiro evento do ano de Futbolinlugo

O Chantada logra o único triunfo lugués

Ribadeo acollerá o primeiro evento do ano de Futbolinlugo

O Brollón, 5 vitorias seguidas para entrar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *