Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Acabamos de estrear ano. O 2018 chega con obxectivos e desexos diversos para cada un dos nosos participantes na Preferente e na Terceira División. Así que quixemos escoitar a tódolos equipos implicados e ver que lle pedían a este 2018. Óscar López. Presidente do Atlético Escairón: «Que non existan lesións graves e poder manter a […]

Felipe Varela (A.C.D. Valadouro): «É a primeira vez que marco cinco goles en partido oficial»

Remataba o ano futbolístico na Primeira Autonómica e Felipe Varela quixo despedilo 2017 ao grande. O A.C.D. Valadouro necesitaba o triunfo ante un Bóveda que pelexa por saír da zona baixa, e o dianteiro contribuiu con un repóquer. Os de Julio César Castro gañaron 6-2 e asoman a cabeza pola zona media da clasificación. Non […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

Eva Pacín, SD Antas: «O bo rollo nótase moito no campo»

  Están a deixar o nome da comarca da Ulloa moi alto. De feito, no máis alto da táboa. Contando todos os seus partidos por victorias, as rapazas da SD Antas aventaxan en oito puntos ao segundo clasificado, a SD Villestro.

Os desexos da Primeira para 2018

É a hora dos Reis Magos. E por pedir que non quede… Imos ver o que pon ‘A Carta’ de cada un dos clubes da Primeira Galicia. Que é o queren para este 2018… Cora. Delegado do Valadouro: «Encadear unha boa racha de resultados para darlle ese plus de confianza ao equipo. Calidade teñen de […]

O campión de inverno está en Guitiriz

Está sendo un inverno atípico. Aínda que oficialmente levemos dúas semanas con el, é ben sabido pola cultura popular que o inverno comeza moito antes: cando as noites chegan a media tarde e cando o día tarda en espertar. O deste ano está sendo, ata o momento, un período de poucas choivas e marcado por […]

Trío de Ases e Destacados da Preferente e Primeira nos adiados de fin de ano

Nesta última fin de semana do ano, en medio do Nadal, tivemos ata cinco encontros dentro dos aprazados pola cicloxénese Ana. Dous de Preferente e tres de Primeira Galicia. Contámosvos xa os detalles e os destacados de todos estes partidos. *Castro-Betanzos: O xogo reanudouse no mesmo punto onde concluiran os vinte minutos disputados: nun saque […]

Galería de fotos do I Campus de inverno da Pontenova

Galería de imaxes que resume o I Campus de Inverno da Pontenova, apadriñado polo xogador do Celta Jonny Otto. Contou coa visita de recoñecidos técnicos da provincia e representantes de diversas institucións. E sobre todo cun gran número de rapaces nesta primeira edición. Un auténtico éxito.

As pedras negras de Uxío

Todas as historias de fútbol comezan cun pequeno e un balón. Esta non ía ser menos. Uxío da Pena Gutiérrez (Lugo, 3-8-1990), fillo menor dunha familia lucense, comezou a dar os seus primeiros pasos pegados a un balón, xogando partidos coa súa familia na casa. Sendo xa o rei do ‘pasillo’ e imbatido durante meses, […]

Chegan as fases finais da base

  Xa se coñecen os calendarios de todas as segundas fases de Fútbol-11 na base lucense, desde xuvenís a infantís. Hoxe, Futbolinlugo comparte integramente ditos calendarios!!

A triple cara da batalla pola salvación na Preferente

Hai escasas semanas, falabamos con Álex Paz sobre a delicada situación do Viveiro. Non é o único clube lucense en apuros nesta Preferente tan disputada. Outeiro de Rei, Atlético Escairón e Residencia están metidos de cheo na pelea pola salvación. Así que quixemos enfrontar aos adestradores destes tres equipos ás mesmas preguntas. Juan Peón (Outeiro […]

O calendario dos quilómetros na Terceira Galicia

Dende que no pasado mes de xullo se aprobase o novo sistema da Terceira Galicia lucense víase vir unha situación insólita na competición. As viaxes de norte a sur da provincia van ser a tónica da fase polo ascenso. Oito equipos xogaranse cinco prazas que lles permitirán estar o vindeiro ano na Segunda Autonómica. O […]

Un repaso á temporada do noso fútbol

O noso Diego Díaz estivo esta seemana no programa ‘Ser Deportivos Lugo’ da Cadena Ser. Alí fixo unha análise do fútbol lucense, dende a Preferente á Terceira Galicia. Un resumo do que levamos de tempada e que podedes escoitar no seguinte podcast.

A Liga da Montaña. Episodio 3

Na coruñesa vila de Melide atopamos, probablemente, o clube co nome máis barroco e suxerente do fútbol galego: O Centro Instructivo, Recreativo y Educativo. Denominación con reminiscencia dunha época en branco e negro. Facendo o exercicio de unir as iniciais temos o acrónimo CIRE, nomenclatura moito máis familiar para os siareiros do fútbol modesto. Na […]

A Federación inclúe o ‘VAR’ nas súas competicións

A tecnoloxía punta chega aos nosos campos. E faino dun xeito totalmente sorprendente. A Federación vén de publicar unha circular na que ordea a tódolos clubes membros a implatación do ‘VAR’ (videoarbitraxe). Será a partires do próximo 1 de febreiro. E como indica o propio organismo realizarase dun xeito «progresivo e adaptado á nosa realidade social […]

Palabra de . . . Víctor López: «Fútbol de rúa»

Como non podía ser doutro xeito, débome a escribir algo do meu amigo Xose, e máis ca nunca, despois do ocorrido. É duro ter que despedir a un amigo íntimo, e sobre todo a alguén que nos daba tanto a cambio de tan pouco ou nada. Non pode ser doutro xeito, porque o fútbol vinculounos […]