As nosas guerreiras da fin de semana!

Esta semana é máis que especial para as nosas guerreiras que, domingo tras domingo, deixan a súa pel no campo para defender unhas cores e unha provincia. Por iso, hoxe facemos o habitual repaso da xornada feminina en todas as categorías!

Os onces da 22ª xornada na Segunda

Os killers da provincia volveron ao seu máximo esplendor na 22ª xornada da Segunda Rexional. Os perseguidores comandados por Aurelio e Recalde aumentan a presión sobre un Guitiriz que mantén o liderado a pesar do seu empate ante o Mondoñedo. O Abadín e o Meira deron un paso importante de cara a salvación. No grupo […]

O partido en imaxes: Taboada-Pol (3-3)

A pesares de que esta fin de semana non houbo competición de Primeira Galicia, tiñamos unha bala na recámara con esta galería de imaxes obra de Anxo Varela «Canti», o noso amigo de Taboada, quen inmortalizou o duelo entre o equipo da súa vila e a SD Pol, que se disputou nos Chacotes o 24 […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 26)

Nova semana con resultados positivos para os nosos equipos. Aínda que a Preferente fixo un parón para disfrutalo Entroido, a Terceira disputou a súa vixésimosexta xornada. O Polvorín gañou en Boiro, rival directo pola permanencia, e aupouse á zona media da clasificación e o Racing Vilalbés acadou un punto de mérito ante o Bergantiños, que […]

A salvación na Primeira Autonómica decidirase nos pequenos detalles

  É habitual nas últimas temporadas que a Primeira Autonómica sexa unha das categorías máis igualadas no fútbol lucense. A día de hoxe, faltando dez xornadas para rematalo campionato parece claro que o Lemos ten encarrilado o seu ascenso a Preferente, mentras que o Sporting Pontenova voltará, dúas temporadas despois, a Segunda. Todo o resto, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Bergantiños C.F.: o líder examina o bo momento dos de Simón Lamas

Nunca é bo momento para recibir ao primeiro clasificado, pero se calquera siareiro do Racing Vilalbés tivera que elixir un, ben seguro que sería agora. Este sábado, ás 17 horas a Madalena vestirase de gala para o encontro entre o conxunto local e o Bergantiños, líder da Terceira División. O cadro chairego encadea cinco partidos […]

Os sobranceiros da Terceira na 18ª xornada

O duelo directo polo liderado no norte deixa todo aberto para as últimas catro xornadas. Aos postos que manteñen o Muimenta e o Alfoz achégase un Matela que é o equipo máis en forma da categoría. No sur, o Paradela estivo a piques de cantalo ascenso. Terá unha nova oportunidade en dez días ante o […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Como cada fin de semana, todas as rapazas que pertencen aos clubes femininos pelexaron por deixar o seu nome, o da entidade, e o da provincia de Lugo no máis alto, cousa que non se lles da nada mal!!!

Os onces da 21ª xornada na Segunda

O Lourenzá volve achegarse ás posicións de ascenso, logo de que nin o Guitiriz nin o Folgueiro venceran nos seus partidos. Na zona baixa saíron beneficiados da xornada o Mondoñedo, o Iberia e a Comercial. No grupo sur, o Palas segue no máis alto pero deixouse tres puntos na súa visita a Becerreá. Segundo volve […]

Destacados Primeira. Xornada 24

Tráxicos debuts, segundas metades de infarto e un futbolista mecánico

O partido en imaxes: SD Becerreá-CD Palas (3-0)

Houbo sorpresa na Segunda Sur. O intratable líder, o CD Palas, caeu na súa visita a Becerreá por un contundente tres cero ante un dos últimos clasificados. Porén, quizais esta posición na táboa non se deba ao mal fútbol dos locais, senón á mala fortuna que os acompañou todo o ano.

As nosas redes falan

Xogadores polivalentes No mundo do fútbol adóitase definir aos futbolistas polivalentes como aqueles capaces de rendir e cumprir en varias posicións dentro do terreo de xogo. Pero no noso fútbol hainos que levan a polivalencia fóra do campo. E que no balompé da provincia hai que saber de todo. Julio Méndez do Escairón tivo que […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 25) e Preferente (Xornada 27)

Segunda xornada consecutiva con doble triunfo lucense na Terceira. Polvorín e Racing Vilalbés, os dous como locais, acadaron dúas importantes vitorias ante Barco e Laracha respectivamente. Na Preferente, triunfo pola mínima do Viveiro que amplía diferencias cos seus perseguidores, e do Ribadeo, que gañou no campo do Noia, terceiro clasificado. A Sarriana cedeu un empate […]

O partido en imaxes: Sporting Lucense-Santa Comba

A pasada fin de semana disputouse nas Gándaras un gran duelo entre Sporting Lucense e Santa Comba, equipos que xogan na Segunda Autonómica. Os tres puntos foron para os locais, 2-1, pero os affecioado s de ambos clubes gozaron dunha entretida tarde de domingo!

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]