As nosas guerreiras da fin de semana!

Como cada fin de semana, todas as rapazas que pertencen aos clubes femininos pelexaron por deixar o seu nome, o da entidade, e o da provincia de Lugo no máis alto, cousa que non se lles da nada mal!!!Non hai máis que ver a clasificación da Segunda División Nacional, onde o PM Friol-CD Lugo é aínda máis terceiro, tras superar por 1-3 ao Sárdoma nunha visita sempre complicada.

Xa nas categorías autonómicas, a SCD Milagrosa superou sen problemas ao colista, o Deportivo Orzán (3-0) grazas a dous goles de Lucía Armesto e outro de Carla Penas. Pola súa banda, a SD Antas de Melendo -moi mermada polas baixas- perdeu 4-0 na casa do Umia, que xa se presentaba como favorito antes do pitido inicial. Pese a seriedade defensiva das celestes, a calidade das locais decantou o choque.

Na Segunda Galicia, a gran noticia veu dada polo Carballedo CF, que se soubo recomponer do duro golpe da pasada xornada e arrollou ao Vioño (11-2) con seis goles de Laura Delgado, catro de Diana Picos, e un de Marquina. O equipo rival chegaba moi xusto de xogadoras, pero iso non quita mérito a unhas rapazas que se comprometen día tras día e aumentan a súa ilusión e a de todos os que as seguimos.

O filial do PM Friol-CD Lugo continúa a súa andaina como líder, neste caso tras superar 0-8 á Torre SD, con goles de María Valcárcel (3), Irene García (2), Xiana, Denise e Patricia. A SG Comercial superou 4-0 ao Portazgo, e a SD Chantada sacou un valioso punto da casa do segundo clasificado, o Orzán «B».

Por último, no Fútbol-8, a SD Burela continúa a súa xeira de victorias apabullantes, neste caso na casa do Perillo (0-6, con goles de Cristina Carracedo -3-, Lara, Carlota e Ángela, nun choque no que destacou Ariadna Castro. A SCD Milagrosa «B», pola súa parte, caeu ante o líder da categoría, o Victoria CF «C».

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.