Palabra de… Gabri: «Por que se busca fóra o que hai na casa?»

Hai un denominador común do éxito: apostar pola xente da casa. Gabri explícanos a fórmula

Un par de anos atrás podíamos observar unhas nefastas planificacións deportivas en clubes históricos da nosa provincia: Lemos, Viveiro, Milagrosa, etc.  Isto viuse traducido en problemas para manter os clubes, en gastos indecentes de diñeiro ou en varios descensos consecutivos.

Afortunadamente isto ‘parece’ que comeza a cambiar. Temos ao Lemos loitando polo ascenso á Preferente, clubes como Foz ou Ribadeo facendo un bo papel e o Viveiro con serias opcións de retornar á Terceira galega. Mesmo ao Bóveda, que volve loitar polo ascenso á Primeira Rexional. Todos os equipos mencionados teñen un denominador común. Que é xente da casa (en maior ou menor medida) ou polo menos da provincia.

O camiño parece bastante claro e máis en equipos que teñen canteiras. Sen embargo, isto non se traduce no equipo que debería ser o referente da provincia, o CD Lugo. Atopamos un filial repleto de xogadores de fóra, coa excusa de manterse si ou si na Terceira para ter máis posibilidades de chegar un día ao primeiro equipo. Evitando así que xogadores que lograron o ansiado ascenso tiveran a posibilidade de desfrutar da categoría. Porque ao final de que serve ter un filial se os xogadores que suben do Xuvenil xa nin teñen a oportunidade de demostrar o que valen? Esperemos que algún día se den conta e non sexa demasiado tarde.

Gabriel Labrada ‘Gabri’. Xogador do Xove Lago

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.