Os onces da 23ª xornada na Segunda

Cinco equipos da zona alta derrotaron a cinco da zona baixa no norte. Resistiu o Mondoñedo que sumou tres puntos importantes ante o Xermade. Nos duelos directos por afastarse das posicións perigosas, saíron vitoriosos o Goiriz e o Cospeito. O cadro adestrado por Jose Carlos abandona os postos de descenso directo. No sur, o líder […]

O partido en imaxes: Brollón-Palas (2-0)

Volveu pasar. O temido líder da Segunda Sur volveu caer, nesta ocasión nun campo que fixo invertir os roles cos que se chegaba ao choque, Os Medos da Pobra do Brollón. Alí, os locais conseguiron superar por dous goles a cero ao conxunto de Palas de Rei. 

Destacados Primeira. Xornada 25

A Pontenova sorrí a base de goles e o Chantada Atlético vive a súa tarde máis difícil. Todos os detalles da xornada aquí

As nosas redes falan

O fútbol local interesa Comeza a liga e algún aínda anda de festa. Avanza a competición e a xente séntase ao pé do lume. Pero ao final terminan rendíndose ante o poder do fútbol de pobo. Cando os equipos se xogan todo non fallan. Dinnos dende Quiroga que se xuntaron arredor de 300 persoas no […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 28)

Pleno de empates na Terceira. O Polvorín igualou na Cheda ante o Choco mentras que o Racing Vilalbés acadou un punto na Senra ante o Ribadumia. Na Preferente o Viveiro, nun econtro con sete goles, gañou no campo do Sofán mentras que a Sarriana impúxose na Fontenla ante o Xallas nun encontro moi serio. O […]

Xaime (Viveiro C.F.): «Esta temporada acadamos o cóctel perfecto para que todo vaia polo camiño marcado»

Logo dun ano tremendamente difícil, acadando a permanencia na Preferente unha vez rematada a temporada, o Viveiro cambiou o chip. Desde o clube apostouse pola continuidade de Chusky no banco, e por darlle a alternativa a un grupo de rapaces da casa, xunto co fichaxe de xogadores experimentados na categoría. A pouco máis de dous […]

O partido en imaxes: Iberia-Lourenzá (1-4)

O Lourenzá cada vez vai máis en serio na Segunda Galicia. Mostra diso é a súa victoria por 1-4 nas Valgas ao Iberia a pasada xornada. A cámara de Laura Teijeira estivo alí presente, e obra dela é a seguinte galería fotográfica!

O partido da xornada . . . S.D. Residencia – S.D. Santaballés: cara a cara entre aspirantes ao ascenso

Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]

As opcións de ascenso dende a Terceira Rexional

O Entroido serviu, entre outras moitas cousas, para que os equipos da Terceira Rexional non tiveran competición. Xusto antes de afrontar a súa particular recta final. Restan catro xornadas e todo aínda está por decidir na última categoría do fútbol afeccionado lucense. Aínda que a algúns clubs lles quedan menos de catro partidos por xogar, […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Esta semana é máis que especial para as nosas guerreiras que, domingo tras domingo, deixan a súa pel no campo para defender unhas cores e unha provincia. Por iso, hoxe facemos o habitual repaso da xornada feminina en todas as categorías!

Os onces da 22ª xornada na Segunda

Os killers da provincia volveron ao seu máximo esplendor na 22ª xornada da Segunda Rexional. Os perseguidores comandados por Aurelio e Recalde aumentan a presión sobre un Guitiriz que mantén o liderado a pesar do seu empate ante o Mondoñedo. O Abadín e o Meira deron un paso importante de cara a salvación. No grupo […]

O partido en imaxes: Taboada-Pol (3-3)

A pesares de que esta fin de semana non houbo competición de Primeira Galicia, tiñamos unha bala na recámara con esta galería de imaxes obra de Anxo Varela «Canti», o noso amigo de Taboada, quen inmortalizou o duelo entre o equipo da súa vila e a SD Pol, que se disputou nos Chacotes o 24 […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 26)

Nova semana con resultados positivos para os nosos equipos. Aínda que a Preferente fixo un parón para disfrutalo Entroido, a Terceira disputou a súa vixésimosexta xornada. O Polvorín gañou en Boiro, rival directo pola permanencia, e aupouse á zona media da clasificación e o Racing Vilalbés acadou un punto de mérito ante o Bergantiños, que […]

A salvación na Primeira Autonómica decidirase nos pequenos detalles

  É habitual nas últimas temporadas que a Primeira Autonómica sexa unha das categorías máis igualadas no fútbol lucense. A día de hoxe, faltando dez xornadas para rematalo campionato parece claro que o Lemos ten encarrilado o seu ascenso a Preferente, mentras que o Sporting Pontenova voltará, dúas temporadas despois, a Segunda. Todo o resto, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Bergantiños C.F.: o líder examina o bo momento dos de Simón Lamas

Nunca é bo momento para recibir ao primeiro clasificado, pero se calquera siareiro do Racing Vilalbés tivera que elixir un, ben seguro que sería agora. Este sábado, ás 17 horas a Madalena vestirase de gala para o encontro entre o conxunto local e o Bergantiños, líder da Terceira División. O cadro chairego encadea cinco partidos […]