O Chantada B sae do descenso directo 8 xornadas despois

Todo se mantén igual na cabeza de cadansúa clasificación da Segunda Rexional. Porque os catro equipos situados nos postos de ascenso gañaron os seus respectivos encontros. Non obstante, semella que se reduce o número de perseguidores. Sobre todo no grupo sur, onde só o Portomarín e o Río Sil tentan seguir o ritmo. O resto […]

Polvorín e Racing Vilalbés distáncianse do perigo nunha mala xornada na Preferente

O Trío de Ases desta xornada déixanos un pleno de triunfos na Terceira. O Polvorín tumbou ao Compostela no Anxo Carro e o Racing Vilalbés acadou unha vitoria importante na Madalena diante do Pontellas. Na Preferente tan só gañou o Viveiro no derbi provincial ante a Sarriana. O Ribadeo perdeu nas Valgas co Boiro e […]

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – S.D. Compostela (Domingo ás 11 horas no Anxo Carro): esceario grande para recibir a un histórico do fútbol galego. O filial albivermello, con seis puntos sobre a zona de descenso directo logo do triunfo no derbi, recibe a un Compostela intratable. É líder e suma dezasete xornadas sen coñecela derrota. […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Atlético Escairón: a fortaleza do líder, a proba no Sangoñedo

A vixésimocuarta xornada ligueira na Primeira Autonómica achéganos un encontro de rivalidade entre dous conxuntos veciños. Chantada e Atlético Escairón mediranse este domingo ás 17 horas no Sangoñedo, co arbitraxe de David Pérez Rodríguez nun encontro que pode marcar a pelexa polo ascenso a Preferente. A S.D. Chantada ocupa a cuarta praza na clasificación a […]

Unha visita histórica e o comezo da Copa

A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. O PM Friol, na súa andaina polo Reto Iberdrola, visitou a cidade deportiva Joan Gamper, do FC Barcelona. Alí se mediron ao filial culé, un dos equipos chamados a conseguir o título de liga. As lucenses, porén, plantáronse no campo sen complexos e puxéronlle […]

A SD Viveiro e o Lemos B, representantes da 3ª nas semifinais da Copa

As semifinais da Copa Deputación 2020 da 2ª e da 3ª van ter equilibrio nos equipos representantes de cada categoría. A SD Viveiro e o Lemos B pelexan por ascender a 2ª Rexional e tamén van intentar meterse na final do torneo copeiro. Deron a sorpresa nunha finde de Entroido na que o Guitiriz e […]

A Residencia gañou en Boiro e achégase á permanencia

O Trío de Ases da xornada 25 de Terceira División déixanos dous empates dos equipos lucenses, pero con sabor a vitoria, xa que, foron acadados en dous campos complicados. O Racing Vilalbés igualou a un gol no campo do Arousa e o Polvorín empatou a dous en Cangas do Morrazo  diante do Alondras. No encontro […]

A Axenda: A Copa Deputación, protagonista do Entroido futbolístico lucense

COPA DEPUTACIÓN – PREFERENTE E PRIMEIRA AUTONÓMICA (Cuartos de final) – S.D. Santaballés – S.D. Sarriana (Sábado ás 17 horas na Liga): os de Dani Moirón buscarán dar a campanada nos cuartos da Copa diante dunha Sarriana que suma tres encontros sen gañar na liga. – Chantada Atlético – Taboada C.F. (Sábado ás 17:15 horas […]

O Fonsagrada dá un golpe na mesa e o Relámpago mantén esperanzas

Os dous líderes coinciden en puntuación. O Fonsagrada e o Sporting Lucense encabeza a clasificación con 36 puntos en cadanseu grupo. O equipo fonsagradino sacou rendemento nun dos duelos relevantes da finde. O Celeiro e Taboada B descansaron nesta xornada. Esta finde paran todos agás a SD Viveiro, a Milagrosa e o Lemos B que […]

Asier (C.D. Foz): «Somos un grupo moi unido, a permanencia é posible»

O C.D. Foz atravesa unha mala xeira de resultados que o levou a ocupar o último posto da Preferente. Nunha temporada na que o clube mariñán tiña a firme intención de consolidarse nunha categoría á que lle costou moito retornar, as cousas non lles están a saír como estaba previsto. Falamos con Asier, un dos […]

O San Lázaro perde 16 partidos despois; o Iberia e o Chantada B dan a sorpresa

É noticia porque se corta unha xeira case perfecta. Dezaseis encontros sen coñecela derrota na Segunda Rexional lucense implica estar máis dunha volta puntuando sempre cada fin de semana. Chegou o día de perder para o San Lázaro e foi ante o Portomarín. Aínda así, o conxunto preparado por Diego Rey mantén distancias no primeiro […]

O Viveiro perde case unha volta enteira despois

O Trío de Ases da Xornada 24 déixanos o empate do Racing Vilalbés co Paiosaco e o triunfo do Polvorín diante do Arenteiro na Terceira. Na Preferente, o Viveiro volveu perder case unha volta enteira despois, mentras que o Ribadeo non puido puntuar en Boimorto. Derrotas tamén da Sarriana, Residencia e Foz como locales. A […]

A Axenda: O San Lázaro pode encarrilar o ascenso se gaña ao Portomarín

Nunha xornada sen fútbol feminino, deixámosvos os encontros máis salientable do fin de semana na nosa provincia. TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – C.D. Arenteiro (Domingo ás 13 horas na Cheda): os de José Durán precisan dun triunfo para alonxarse da zona de descenso directo, agora mesmo a dous puntos. Enfronte un conxunto con grandes individualidades […]