A Axenda do fin de semana (12-13 outubro)

Chega unha nova xornada ligueira. Ademáis do derbi mariñán que protagoniza o Partido da Xornada, ofrecémosvos unha escolma dos mellores partidos para ver ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Polvorín – C.D. Barco (Sábado ás 18:30 horas na Cheda): os de José Durán reciben a un dos conxuntos máis en forma […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – Viveiro C.F.: os de Chusky visitan ao mataxigantes

Moi probable que moitos afeccionados, cando saiu o calendario da Preferente, miraron en que xornada cadraba o derbi entre Foz e Viveiro. Houbo que agardar sete xornadas, pero á oitava os siareiros da Mariña e de toda a provincia poderán disfrutar dun dos mellores encontros da categoría. O domingo a cita é no Martínez Otero […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Como cada xoves, hoxe traemos unha vez máis a sección na que analizamos a xornada das nosas futbolistas, quen -como xa nos teñen afeitos- defenderon o nome da provincia durante os noventa minutos. Agora, nós analizamos ditos choques!

Os onces da 4ª xornada na Segunda

Acabáronse os plenos de vitorias na Segunda Rexional lucense. Ningún dos equipos puido chegar a gañar os encontros destas catro primeiras xornadas. Non obstante, o punto conseguido válelle ao San Ciprián para manterse líder en solitario no norte. No sur hai troco na cabeza. Por diferenza de goles o primeiro clasificado agora é o Páramo. […]

As nosas redes falan

A semana anterior deixounos varios lesionados de gravidade no noso fútbol. Os seus compañeiros e nalgúns casos rivais saíron na última xornada con mensaxes de apoio. No Goiriz amosaron os seus ánimos a Javi Lozano e no Palas ao seu dianteiro Juanjo. A continuación salientamos algúns outros. O compañeirismo primeiro O Ferreira e o Río […]

Máxicos Primeira. Xornada 5

Xornada de estreas. Ata tres equipos sumaron o seu primeiro triunfo

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

Dúas derrotas lucenses na Terceira. O Polvorín perdeu en San Lázaro ante o Compostela e o Racing Vilalbés sumou a súa terceira derrota consecutiva no campo do Pontellas. Na Preferente, o derbi provincial entre o Ribadeo e o Lemos caeu do lado local. Triunfos do Foz e a Residencia en dous campos complexos ante Puebla […]

O partido en imaxes: Xove Lago-SD Burela (2-4)

O pasado domingo tivo lugar en Xove un apaixoante derbi mariñano, que enfrontou aos locais co Burela e que se saldou con victoria dos visitantes por dous goles a catro. Antonio Vaztra estivo presente no choque e sacou esta marabillosa galería de imaxes!

A Axenda do fin de semana (5-6 de outubro)

Ademáis do Partido da Xornada, que enfronta a dous dos favoritos da Primeira Autonómica, esta xornada déixanos encontros máis que interesantes na nosa provincia. Derbis, enfrontamentos entre primeiros clasificados . . . revisen a nosa Axenda: Preferente Norte – Ribadeo F.C. – Club Lemos (Domingo ás 17:30 nas Valgas): derbi provincial entre dous conxuntos que […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – S.D. Burela: os de Montoto poñen a proba o novo líder

Trascurridas tan só catro xornadas, as cartas xa están enriba da mesa. Aínda que queda toda unha temporada por diante, varios conxuntos apostan forte por ocupar os postos cabeceiros dunha Primeira Autonómica que promete estar, cando menos, tan igualada como tódolos anos. Dous deses conxuntos chamados a pelexar polo ascenso son o Atlético Escairón e […]

Tres en raia. Terceira Rexional. Xornada 2

Foto de portada: Mariluz Fagín Tres equipos en cada grupo da Terceira Rexional suman seis puntos. O Fonsagrada e o Antas son os líderes. No grupo norte tocoulle descansar a Comercial; no sur non tivo partido a Milagrosa. O Fonsagrada, a SD Viveiro e o Friol B contan os dous partidos xogados no grupo norte por […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Como todos os xoves, hoxe traemos a sección semanal de fútbol feminino. As nosas rapazas, domingo tras domingo, compiten por deixar o nome dos seus clubes e da provincia o máis alto posible.

Os onces da 3ª xornada na Segunda

A terceira xornada deixa ao San Ciprián e ao Portomarín como líderes en solitario de cadanseu grupo. O Celta Barreiros, o Meira, o Mondoñedo e o Paradela son outros tres equipos que se manteñen invictos. No norte, o Mondoñedo declárase o rei do empate, tres puntos en tres xornadas. O Sanci continúa mandando por terceira […]

Máxicos Primeira. Xornada 4

Goles a pares nunha xornada de lesións e descontos decisivos

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 6)

Un triunfo e unha derrota dos nosos representantes na Terceira. O Polvorín superou ao Alondras na Cheda, mentres que o Racing Vilalbés caeu na Madalena ante o Arousa. Na Preferente, a Sarriana superou no derbi provincial ao Viveiro, que perde a súa condición de invicto, e a Residencia gañoulle ao Sofán na Cheda. O Ribadeo […]