Lucía Pardo ‘LP’, a primeira muller lucense nunha selección española

Tarde ou cedo tiña que chegar. Fose nunha categoría existente ou nalgunha inventada que polo momento non se sabe exactamente cal será a súa utilidade. Pero o certo é que estará aí. Lucía Pardo Méndez “LP” vai portar a camisola da selección española. “Viña de clase este mércores no coche con meus pais e vin […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-UD Pastoricense (3-1)

O pasado domingo o Xove venceu por 3-1 ao Pastoricense nun igualado choque que se disputou na localidade mariñá. Nel estivo presente Antonio Vaztra, autor desta gran galería fotográfica!

As nosas redes falan

O noso fútbol tamén é internacional O Incio CF iniciou a tempada nos postos altos do grupo sur da Segunda Rexional. Esta finde empatou no Carboeiro ante outro equipo da zona alta da clasificación, o San Lázaro. Entre os asistentes non estaba o seu socio máis internacional. O conxunto amarelo tivo que enviar un carné […]

O partido en imaxes: SD Brollón-CD Palas ()

Mariluz Fagín, unha das mellores fotógrafas do sur da provincia, está a crearnos o hábito de publicar as súas imaxes cada semana, pero como para non, coas grandes galerías que nos facilita! Esta vez, deixounos estas fotografías do Brollón-Palas, no que se repartiron os puntos, 1-1.

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 10)

Unha de cal e outra de area na Terceira. O Racing Vilalbés gañou ao Arenteiro na Madalena, mentres que o Polvorín non puido co Deportivo Fabril na Cheda. Na Preferente, o Viveiro é máis líder logo de gañar no campo do Sofán. O derbi provincial entre Sarriana e Ribadeo rematou en empate. Foz e Lemos […]

A Axenda do fin de semana (26 e 27 de outubro)

Fin de semana de emocións intensas. Rivais históricos, derbis case esquecidos, e encontros co liderato en xogo en case tódalas categorías. Ademáis, o Partido da Xornada. Botádelle un ollo á nosa Axenda. Terceira División – Polvorín – Deportivo Fabril (Domingo ás 13 horas na Cheda): Os de José Durán mídese a un dos grandes favoritos […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Ribadeo F.C.: tres puntos pra engancharse á zona de cabeza

Chegamos á décima xornada na Preferente. Decir que é unha categoría igualada sería unha obviedade, pero esta temporada parece que a pelexa pola zona alta será das máis parellas dos últimos tempos. Co Viveiro tímidamente distanciado, seis equipos persígueno con tan só tres puntos de diferencia entre eles. Fisterra e Mugardos, dous recén ascendidos, pero […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xa chega o xoves, e con el a sección na que repasamos a actualidade do noso fútbol feminino. Esta semana comezamos, como é habitual, cun PM Friol que unha vez máis fixo historia, logo de puntuar ante o FC Barcelona «B» (2-2), nun choque no que destacou o nivel mostrado por ambos equipos durante todo […]

Os onces da 6ª xornada na Segunda

Ningún dos primeiros clasificados na Segunda Rexional gañou, pero o San Ciprián e o Páramo mantéñense na cabeza. No sur, os dous primeiros clasificados empataron entre si. A vitoria do San Lázaro deixa a tres equipos igualados no máis alto da táboa clasificatoria. No grupo norte, o Sanci mantense na cabeza. Non obstante non pasou […]

As Nosas Redes Falan

Un mundialista en Cantarrana O atleta Adrián Ben foi un dos protagonistas esta fin de semana no noso fútbol. O viveirense vén de triunfar recentemente nos mundiais de atletismo. Colleitou unha meritoria sexta praza na proba dos 800 m. Dende Doha Ben presumiu de pobo e estes días os seus veciños tentaron recompensarllo con distintas […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 9)

O Racing Vilalbés foi quen de sacar un punto do campo do Ourense, líder da Terceira. O Polvorín caeu derrotado no campo doutro galo, o Bergantiños. Na Preferente o derbi provincial entre Viveiro e Residencia caeu do lado local. A Sarriana venceu en Sigüeiro cun tanto sobre a bocina de Javi Fraga, o Ribadeo engánchase […]

A Axenda do fin de semana (19-20 de outubro)

Ademáis do Partido da Xornada, que pon en xogo o liderato no grupo Sur de Segunda Autonómica, esta xornada tráenos partidos interesantes en tódalas categorías. Aquí unha pequena escolma: Preferente Norte  – Ribadeo F.C.  – Xallas F.C. (Sábado ás 17:30 horas no Martínez Otero): os de Rafa Casanova, desta volta en Foz, buscarán a súa […]

O partido da xornada . . . Ferreira C.F. – S.D. O Páramo: os dous equipos máis en forma cítanse no Baliño

Chega a sexta xornada na Segunda Autonómica. Malia que é cedo para valorar a traxectoria dos equipos nesta temporada 2019/2020, moitos xa toman un ou outro camiño. Ferreira e Páramo son dous equipos con historia chamados a pelexar polos postos de cabeza do grupo sur. Enfrontaranse este domingo ás 16 horas no Baliño. O Ferreira, […]

Os onces da 5ª xornada na Segunda

Primeiras cinco xornadas na Segunda Rexional. O San Ciprián non solta o liderado no norte. Alí o Celta Barreiros continúa sen perder. Mentres o Mondoñedo, o Iberia e o Abadín aínda non puideron festexar unha vitoria. No sur, dos tres líderes da semana pasada pasamos a dous. O Páramo e o Ferreira marcan o ritmo. […]