As nosas guerreiras da fin de semana!

Xa chega o xoves, e con el a sección na que repasamos a actualidade do noso fútbol feminino. Esta semana comezamos, como é habitual, cun PM Friol que unha vez máis fixo historia, logo de puntuar ante o FC Barcelona “B” (2-2), nun choque no que destacou o nivel mostrado por ambos equipos durante todo o duelo, ademáis do golazo de falta que asinou LP, que supuxo o momentáneo 2-1 para as friolenses.

Na Primeira Galicia, o PM Friol “B” tamén cosechou un punto, logo de empatar en Betanzos (1-1), nun choque que tiveron dominado os noventa minutos, pero no que as locais arañaron un punto cun gol no minuto 90. A SD Antas caeu na casa do Sárdoma “B”, tras facer unha gran primeira parte a nivel defensivo, que se viu truncada polo inicio da segunda metade, na que o Sárdoma anotou os dous únicos goles do choque.

Na Segunda Galicia, o Carballedo CF perdeu 2-0 na casa do Xuventude de Crendes tras un partido moi igualado no que o Carballedo pagou as súas baixas, a SD Chantada perdeu 0-1 co Sporting Burgo nun duelo no que desperdiciou moitas ocasións, a SG Comercial aplastou ao Olímpico (0-9) e o CD Lugo superou ao Victoria CF “C” por 1-4 nun partido moi completo que serveu ás lucenses para prepararse a enfrentarse co Sporting Cambre, colíder.

Por último, no Fútbol-7, a SD Burela logrou a súa segunda victoria do ano, logo de impoñerse por 4-3 ao Atlético San Pedro, e a SCD Milagrosa caeu ante o Orillamar por 1-3.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario