O Carballedo CF chegou para quedarse

Comezaba xullo do 2018 cando unha nova chegaba aos nosos fogares: o concello do Carballedo tería un representante nos campos de fútbol a partires de ese momento. Baixo o nome de Carballedo CF sería creado un conxunto feminino que pasaría a competir na Segunda Galicia.

Un ascenso pendente do que poda pasar

Estamos nunha situación de incerteza constante. Preocupados polo que poda pasar, pero coa obriga de mantela calma. O fútbol pasa a un segundo plano sempre. E máis aínda cando a saúde está polo medio. Iso non quita de que siga sendo un xeito de vida. Por iso, moit@s nos preguntamos que pasará agora coas competicións. […]

Así está a carreira polo All Star na Preferente

Aproveitamos o parón futbolístico por mor da pandemia do coronavirus para facer un repaso da clasificación do Trío de Ases da Preferente, coa vista posta no II All Star Futbolinlugo programado para o 13 de xuño en Chantada. Así está logo de vinteseis xornadas disputadas: TICHU (Viveiro): 31 puntos ADRIÁN DÍAZ (Lemos): 30 puntos XAIME […]

Un punto moi sufrido e un novo líder no medio do caos

No medio da situación que impera hoxe na sociedade mundial, non queremos deixar de facer o noso repaso semanal ao fútbol feminino provincial. Competicións que, á espera de novas, non se disputarán nos próximos quince días.

O Sporting Lucense ascende e o Fonsagrada perde o seu primeiro partido

Foto de portada: Mariluz Fagín O Covid – 19 marca tamén a axenda do noso fútbol. A suspensión da competición nas dúas próximas xornadas provoca parón en todas as categorías. Xusto cando a Terceira Rexional se atopa no seu tramo final. Esta suspensión pilla ao Sporting Lucense con todos os víveres. Porque xa volve ser […]

O Portomarín chega aos postos de ascenso e o Sp. Pontenova queda a un paso

Viñamos dicindo nas últimas xornadas que estaban a espera dos rivais. E foi a pasada fin de semana cando o Ferreira fallou e o Portomarín aproveitou. Tamén fallou o Sanci no grupo norte, pero non lle chegou ao Sporting Pontenova para asaltar o segundo posto. Ambos equipos están igualados a puntos. Sabemos máis detalles nos […]

O partido en imaxes: Club Lemos – Ribadeo CF (2-0)

O Lemos e o Ribadeo enfrontáronse o domingo nun emocioante derbi que se saldou con victoria para os da Pinguela, 2-0. Así, os monfortinos respiran con respecto á zona baixa e o Ribadeo queda asentado no médio da táboa. Ao choque asistiu Mariluz Fagín, autora desta gran galería de imaxes!

O triunfo do Viveiro en Noia achégao ao obxectivo do ascenso

O Trío de Ases desta xornada déixanos dúas derrotas na Terceira División. O Polvorín perdeu no Barco e o Racing Vilalbés en Redondela ante o Choco. Na Preferente o Viveiro deu un paso de xigante cara o ascenso ao gañar en Noia. A Sarriana goleou a un irrecoñecible Fisterra, o Lemos gañou no derbi provincial […]

O partido da xornada . . . S.D.C. San Roque – E.D. Lourenzá: a permanencia en xogo no Polvorín

Si existe emoción na pelexa polo ascenso na Primeira Autonómica, a situación na zona baixa non está menos interesante. Este domingo ás 16:30 horas no Polvorín o San Roque e o Lourenzá, dous dos implicados na loita pola permanencia veranse as caras nun encontro con sabor a final. Arbitrará o colexiado José Luis López Rodríguez. […]

Un filial en racha e moitas victorias!

A pasada fin de semana foi -en xeral- positiva para as nosas rapazas. Porén, o clube máis icónico da provincia, o PM Friol, caeu na Reigosa ante unha SD Éibar que gozou de maior efectividade ao longo dos noventa minutos e superou ao conxunto presidido por Ángel Villar por 0-3.

O Matela entra en ascenso e o Sporting Lucense e a Mila téñeno máis preto

A SD Viveiro descansou e o Matela aproveitou para meterse na segunda praza. O Fonsagrada continúa invicto na cabeza. Hai máis igualdada no norte ca no sur, onde o Sporting Lucense e a Milagrosa seguen coa súa xeira de vitorias. De feito, se os dous gañan os seus partidos ascenderían xa esta finde. O Rubián […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago – UD Folgueiro (4-2)

A UD Xove Lago recibía este domingo na súa casa a outra UD, o Folgueiro. Un derbi mariñán moi agardado que se saldou con victoria para os locais, pese a que os visitantes conseguirán adiantarse no electrónico nos primeiro minutos de xogo. Ao final, o oficio dos verdes deulle a estes os tres puntos.