O derbi mariñán decidiuse no desconto nunha xornada condicionada por Fabien

O último Trío de Ases do 2019 chega incompleto. O forte temporal deixounos sen unha boa ración de fútbol. O derbi provincial de Terceira entre Polvorín e Racing Vilalbés foi suspendido, ao igual que o encontro que tiña que disputar a Residencia en Boiro. Quen si xogaron foi o Viveiro e o Ribadeo, nun intenso […]

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O forte temporal fixo que quedara suspendida a xornada do sábado, pero o domingo teremos interesantes encontros nesta última xornada antes do Nadal. PREFERENTE NORTE  – Club Lemos – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Pinguela): encontro clave na loita pola permanencia. O conxunto local suma catro xornadas sen gañar e precisa do triunfo […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi de altura nas Valgas

Chega o derbi mariñán máis repetido nos últimos anos en Preferente. O Ribadeo e o Viveiro veranse as caras este domingo ás 16 horas nas Valgas (San Miguel de Reinante), un dos campos máis utilizados polo conxunto ribadense mentres dura a posta a punto do Pepe Barrera. Desde a temporada 2013/2014, temporada na que o […]

Un presidente polivalente e tres derbis de infarto

Como ben se anticipou a semana pasada, o fin de semana estivo marcado polo derbi da Primeira Galicia entre SD Antas e PM Friol «B», que se saldou cun xusto empate a un gol. Quizais mereceu máis a SD Antas, xa que as rapazas do Castro Seoane acabaron o partido con nove xogadoras e encaixaron […]

Un líder invicto e outro que se distancia no remate do 2019

A falta de dúas xornadas para que acabe a primeira volta, remata a competición ligueira neste 2019 na Segunda Rexional. O San Ciprián faino como líder e imbatido nesta tempada no grupo norte. O San Lázaro marca as diferenzas no sur. A continuación os detalles nos onces da 13ª xornada. Non conseguiu o décimo triunfo, […]

Cuadrado acada un hat trick na Madalena e Luki achega o Ribadeo á cabeza

O Trío de Ases déixanos o gran triunfo do Racing Vilalbés na Madalena ante o Rápido de Bouzas e a derrota pola mínima do Polvorín na Coruña ante o Silva en Terceira. Na Preferente, o Viveiro sufriu para gañarlle ao Sigüeiro, mentres que o Ribadeo venceu no campo do Puebla. A Sarriana non pasou do […]

A Axenda: dobre derbi en Chantada nunha xornada con trocos nos banquiños

Este fin de semana retornan á competición tódalas categorías, a excepción da Terceira Autonómica, e temos encontros para tódolos gustos. Ademáis, o derbi provincial do fútbol feminino. Terceira División  – Racing Vilalbés – Rápido de Bouzas (Domingo ás 16 horas na Madalena): coa moral reforzada logo do triunfo en Abegondo ante o Fabril, os de […]

O partido da xornada . . . PM Friol B – SD Antas: o derbi evalúa dúas rachas antagónicas

Chega unha data sinalada para o fútbol feminino lucense. O domingo ás 19 horas, a Reigosa será o esceario do derbi provincial da Primeira División Galega Feminna entre o Peluquería Mixta Friol B e o Antas. Os dous representantes da nosa xeografía mídense nun encontro ao que chegan en situacións ben distintas. O filial friolista […]

Unha derrota pola mínima, un filial intratable e un derbi a medias

O pasado fin de semana as nosas guerreiras volveron dar todo por deixar ben alto o nome da provincia. Así, o PM Friol deixou a alma en Valladolid, no campo do Parquesol. Porén, as lucenses non puideron sacar nada positivo e caeron por 1-0. Coa derrota certificouse a destitución do técnico andaluz do Friol, Daniel […]

Armesto (Lemos): «Somos unha auténtica familia, e hoxe é moi difícil atopar iso nun vestiario»

Poucos anos atrás, o Lemos viviu unha das situacións máis críticas da súa historia, tanto a nivel deportivo como económico. Cun enorme traballo da nova xunta directiva e tamén do corpo técnico, o conxunto monfortino trocou a súa filosofía e tras voltar á Preferente, afronta unha temporada ilusionante co gran obxectivo de manterse na categoría. […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-CD Castro (3-1)

O pasado domingo medíronse en Xove dous conxuntos que loitan por manter a categoría, o Xove Lago e o Castro. A igualdade do encontro foi máxima, pero finalmente os locais conseguían imporse por 3-1, collendo así unha gran bocanada de aire neste final da primeira volta de competición.