Unha derrota pola mínima, un filial intratable e un derbi a medias

O pasado fin de semana as nosas guerreiras volveron dar todo por deixar ben alto o nome da provincia. Así, o PM Friol deixou a alma en Valladolid, no campo do Parquesol. Porén, as lucenses non puideron sacar nada positivo e caeron por 1-0. Coa derrota certificouse a destitución do técnico andaluz do Friol, Daniel Guerrero.

As que sí sacaron os tres puntos foron as rapazas do filial, que superaron por 1-2 ao Tomiño cun gol no último minuto de Nerea. A SD Antas caeu por 2-5 frente ao Betanzos, nun choque no que as locais perdoaron varias ocasións ao principio e despois se decidiu por dous errores na salida de balón.

Na Segunda Galicia, o máis curioso da semana foi que o derbi entre CD Lugo e Carballedo CF tivo que ser suspendido aos 60 minutos por mor dun apagón no López Gorgoso. Nese instante, o marcador seguía como ao principio do encontro, 0-0. A SG Comercial superou ao Brexo Lema 1-4, mostrándose superiores durante os noventa minutos e a SD Chantada perdeu pola mínima co Xuventude de Crendes (0-1).

No que atinxe ao fútbol-7, a SD Burela superou 3-0 ao Sada, e a SCD Milagrosa descansou.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario