O pasado domingo medíronse en Xove dous conxuntos que loitan por manter a categoría, o Xove Lago e o Castro. A igualdade do encontro foi máxima, pero finalmente os locais conseguían imporse por 3-1, collendo así unha gran bocanada de aire neste final da primeira volta de competición.
Pero os xogadores estiveron acompañados no campo por Antonio Vaztra, autor desta gran galería de imaxes!!!