O Viveiro volve a sorrir en Cantarrana e escapa do descenso

A xornada de Terceira deixounos os triunfos do Polvorín diante do Barco e do Viveiro fronte ao Alondras. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena co Arzúa. Na Preferente tres derbis provinciais e todos remataron con triunfos locales. Sarriana, Lemos e Ribadeo venceron a Santaballés, Foz e Escairón respectivamente. A Residencia non puido […]

O Polvorín recupera o liderato en Terceira e o Lemos pon pé e medio na fase de ascenso.

O Polvorín venceu a domicilio e convertiuse no novo líder de Terceira. Superou na táboa a un Somozas que cedeu un empate ante o Racing Vilalbés. Un punto moi valioso foi quen de acadar o Viveiro na súa visita a Calabagueiros. Na Preferente os dous derbis provinciais tiveron cor visitante. A Sarriana gañou no campo […]

O Ribadeo apúntase ao soño de xogar a promoción de ascenso

Unha de cal e outra de area na Terceira. O Polvorín acadaou unha cómoda vitoria diante do Sofán mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana nun encontro marcado en vermello diante do Xuvenil de Ponteareas. Na Preferente, o derbi provincial entre o Lemos e o Escairón caeu do lado local. O Ribadeo gañou con solvencia […]

A Sarriana recupera a súa mellor versión

A boa nova da xornada é que tódolos conxuntos lucenses de Terceira e Preferente puideron disputar os seus encontros. En canto aos resultados, na Terceira tan só o Racing Vilalbés foi quen de puntuar, no sempre difícil campo de Calabagueiros. Polvorín e Viveiro regresaron de vacío do campo do Fabril e Sofán respectivamente. Na Preferente, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Burela – Xove Lago: derbi de altos voos na Marosa

Un derbi entre Burela e Xove Lago recorda a unha época pasada, non tan lonxana, na que os dous equipos tiñan a Segunda B no horizonte. Os tempos cambiaron, a situación económica e industrial mudou e a categoría tamén, pero a esencia segue aí, e o esceario é inmellorable. A Marosa vivirá o domingo ás […]

Os conxuntos de Terceira salvan a honra lucense nunha mala xornada na Preferente

Non tivemos triunfos lucenses na Preferente. O derbi provincial entre a Sarriana e a Residencia rematou en empate, mentres que Santaballés, Foz e Escairón caeron derrotados a domicilio. O Ribadeo afrontou a súa xornada de descanso e o Lemos-San Tirso foi adiado por varios casos de Covid-19 no cadro coruñés. En troques na Terceira, o […]

O Racing Vilalbés mira cara arriba nunha xornada de empates na Preferente

Dous conxuntos da nosa provincia, Viveiro e Escairón, non puideron disputar os seus encontros por casos de Covid-19 propios ou do rival, mentres que o Foz afrontou a súa xornada de descanso. Na Terceira o Polvorín caeu no campo do Choco, mentres que o Racing Vilalbés acadou un meritorio triunfo en Carballo diante do Sofán. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Sarriana: a melloría dos mariñáns a proba diante do líder

O fútbol provincial recupera paso a paso a normalidade. Despois do gran número de encontros suspendidos a pasada xornada por mor dos numerosos positivos en Covid 19, neste fin de semana tódolos equipos lucenses da Preferente, agás o Escairón, poderán disputar os seus partidos. Un dos máis salientables é o derbi provincial que disputan o […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Cabreiros – San Ciprián: o líder a proba diante dun infalible visitante

Afrontamos unha xornada atípica no fútbol lucense, marcada polo gran número de encontros adiados. A influencia da Covid-19 na sociedade en xeral non é allea ao noso fútbol e boa parte dos equipos da nosa provincia non disputarán os seus partidos nesta fin de semana. Os tres conxuntos de Terceira, tódolos de Preferente agás o […]

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían que xogar a fase de permanencia

Xa comezada a segunda volta na Preferente analizamos a situación dos sete conxuntos lucenses da categoría. Aínda que un dos nosos, a Sarriana, ocupa o liderato o rendimento conxunto non é satisfactorio con cinco equipos en postos de promoción de permanencia, varios deles cunha puntuación moi baixa pensando na segunda fase do campionato. Pouco que […]

As notas para os lucenses da Terceira

Unha vez rematada a primeira volta de campionato na Terceira avaliamos a situación dos tres representantes lucenses na categoría. Ao Polvorín debemos outorgarlle un sobresaínte. Excepcional, e poderíamos calificar ata de sorprendente, a primeira volta do filial albivermello. O conxunto adestrado por Álex Ortiz rematou o 2021 no liderato de Terceira e amosando unha gran […]

O Polvorín e a Sarriana rematan o ano líderes

Rematou o ano futbolístico para os nosos equipos de Terceira e Preferente. O Polvorín fíxoo cun claro triunfo no derbi provincial co Viveiro e o Racing Vilalbés cunha derrota na Madalena diante do Ourense CF. Na Preferente, o derbi da Ribela entre Sarriana e Lemos caeu do lado local, e o Foz fixo o propio […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Lemos: un derbi para rematar o ano futbolístico

Chegamos ao final do ano futbolístico no noso fútbol, pero antes de que este remate tócanos disfrutar dun derbi entres dous dos mellores conxuntos da Preferente. A Sarriana e o Lemos mídense na Ribela o domingo ás 16:30 horas nun encontro marcado polas importantes. Arbitrará o colexiado lucense Pérez Prado. A Sarriana chega ao derbi […]