#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 290

Comezamos este novo Diario dun Mercado con novas na capital da Terra Cha. O Racing Vilalbés recupera a Diego Ferreiro, logo de xogar a última temporada nas filas do Santaballés. O mediocentro terá ficha do filial, aínda que alternará coa dinámica do primeiro equipo. Para o filial chega Carlos Fole, xogador da canteira racinguista que xogou no Cabreiros as últimas temporadas, e Álex Anido, que rematou a súa etapa de xuvenís no cadro chairego e o último ano non estivo federado.

Sen saír do Racing Vilalbés, o ata de agora segundo adestrador Kike Sanfiz, será o novo axudante de Roberto Fernández Alvarellos no xuvenil B do CD Lugo.

O Viveiro recupera para o seu novo proxecto a un home da casa. Joel retorna a Cantarrana despois de xogar as últimas temporadas nas filas do Agolada. Un dos que foron capitáns do Viveiro, Álex Meitín, que xa anunciara a súa saída do club, é novo xogador do Ribadeo.

Continúa reforzándose o Sporting Pontenova, coa SD Ribadeo como principal caladeiro. Desde alí chega o lateral esquerdo Peke. Tamén formado no conxunto ribadense, xogará no cadro pontenovés Miguel Guedes, dianteiro que o último ano formou parte do xuvenil do Racing Vilalbés.



O Iberia reforza o seu cadro de xogadores coa chegada dun histórico do fútbol mariñán: Cube. O que ata de agora fora capitán do Ribadeo, formará parte do conxunto de San Miguel. No Folgueiro seguirán unha temporada máis Javi, Jonatan, Pedro, Iago, Martínez, Zeus, Kiños, Álvaro, Bruno, Sergi e Xavi. O Meira asegurouse a continuidade de Farra e Panchito. Non seguirán na Lomba, Manolo Cando e Rubén Rey, que son novos xogadores do Muimenta.

No Guntín xogarán dous vellos coñecidos: Fran Purri e Rubén Pena, que chegan desde o Muimenta. O filial do Castro incorpora ao defensa central ou mediocentro De la Iglesia, actualmente sen equipo e formado nas categorías inferiores de CD Lugo e Residencia.



Diario dun mercado. Episodio 290

Diario dun mercado. Episodio 289

Diario dun mercado. Episodio 290

Diario dun mercado. Episodio 291

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *