#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 303

O mercado no fútbol lucense continúa a xerar novas. O Peluquería Mixta Friol avanza na confección do seu novo proxecto coa renovación de Nerea Lombardero. A da Pontenova continuará un ano máis no cadro friolés. Xogarán ao seu carón Marián Pueyo e Nuria Torres. A primeira é unha defensa navarra, que procede de Osasuna e que chegou a ser internacional sub-17. A segunda, unha centrocampista de Portonovo con pasado no Atlántida Matamá, Deportivo e Umia.

O Viveiro asinou a un gardameta de apelido ilustre: Adrián Casillas. Aínda que se lle descoñece parentesco co ex porteiro do Real Madrid, o certo é que a nova incorporación viveirense pasou a maior parte da súa etapa de formación no cadro branco e rematou a súa etapa xuvenil no Real Valladolid de División de Honra. Adrián Casillas, cubrirá a baixa de Curro Fernández, arqueiro andaluz que finalmente non chegará ao cadro celeste, tal e como anunciou La Voz de Galicia.

A Sarriana segue a perfilar o seu cadro de xogadores coa renovación de dous dos máis destacados futbolistas da pasada campaña: o lateral esquerdo Álex Pérez e o goleador Gerardo Carrera, último MVP do All Star Futbolinlugo.

Renovacións tamén en Burela. O conxunto verde confiará un ano máis en Luchi como máximo responsable técnico. Xunto a él continuará, como segundo adestrador Adrián Marrube. Tamén seguirá no conxunto burelés un dos veteráns, o gardameta Simón.



O Cospeito renova a Permuy, que se compremete co conxunto da Fonte por dúas temporadas.

Tamén seguirá no Quiroga o centrocampista Brian. O xove, pero experimentado futbolista será unha das pezas importantes para pelexar polo retorno do conxunto verde a Segunda Autonómica.



Diario dun mercado. Episodio 303

Volven as ligas regulares na 2ª e

Diario dun mercado. Episodio 303

Diario dun mercado. Episodio 304

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *