Os desexos da Terceira Galicia para o 2018

    Rematou o #NadalFutbolinlugo e, con iso, é a hora de que regrese a competición. No fútbol sénior masculino a que máis tarda en volver é a Terceira Galicia, que a vindeira fin de semana volve a carga cunha nova liga, como se a temporada empezase de cero. Antes de que o balón comece […]

Os desexos da Segunda Galicia para o 2018

  Vai rematando o #NadalFutbolinlugo que nos permitiu durante os últimos días compartir os recordos do ano 2017 e dar entrada ao novo ano con novas ferramentas para seguir difundindo o fútbol lucense. Para pechar esta época festiva, toca pedir desexos para o 2018. Desta volta é o turno dos 32 equipos que compoñen os […]

Os onces da décimo quinta xornada na Segunda

  Rematou a primeira volta na Segunda Galicia e non se produciron cambios no liderato con respecto as últimas xornadas. O Guitiriz, xa campión de inverno antes do Nadal, e o Chantada B encabezan as clasificacións que si que teñen novidades nos outros postos de ascenso directo. Neste momento ocúpano o Cabreiros e o Friol, […]

O campión de inverno está en Guitiriz

Está sendo un inverno atípico. Aínda que oficialmente levemos dúas semanas con el, é ben sabido pola cultura popular que o inverno comeza moito antes: cando as noites chegan a media tarde e cando o día tarda en espertar. O deste ano está sendo, ata o momento, un período de poucas choivas e marcado por […]

O calendario dos quilómetros na Terceira Galicia

Dende que no pasado mes de xullo se aprobase o novo sistema da Terceira Galicia lucense víase vir unha situación insólita na competición. As viaxes de norte a sur da provincia van ser a tónica da fase polo ascenso. Oito equipos xogaranse cinco prazas que lles permitirán estar o vindeiro ano na Segunda Autonómica. O […]

Os sobranceiros da Terceira na décimo cuarta xornada

A piques de rematar o ano, rematou tamén a primeira fase da competición na Terceira Galicia. Oito equipos clasificáronse para a fase polo ascenso e xogarán unha liga a dobre volta como se decidiu antes do comezo da temporada. Os dezaseis equipos restantes (se ningún deles decide abandonala competición) dividiranse en dous grupos, o primeiro […]

Os onces da décimo cuarta xornada na Segunda

O ano pecha co Guitiriz como campión de inverno a falta dunha xornada para rematar a primeira volta, despois de sumar unha nova vitoria e continuar imbatido no que vai de competición. Iso si, esta xornada non recurtou distancias cos seus rivais máis inmediatos, xa que os catro equipos que lle preceden na clasificación tamén […]

Diego Villares, «Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí»

Un novo 10 comeza a sobresaírse pola Magdalena. Faino normalmente dende a banda esquerda, aínda que a súa posición de sempre fose a de mediocentro. Ás veces, incluso, portando o brazal de capitán. De movementos rápidos e caneos certeiros, co engadido de que dende pequeno leva mamando as cores vermella e verde do Racing Vilalbés. […]

Diego Gallego, SD Antas «A idea é asentar as bases sen ningún obxectivo a curto prazo»

Na teoría fálase de moito, pero na práctica vese a realidade. Cando teoría e práctica non coinciden, quizais sexa porque a teoría non é quen de previr exactamente o que vai pasar. Sobre o papel, e condicionado polo seu descenso a temporada pasada dende a Primeira Galicia, a SD Antas era un equipo dos chamados […]

Os onces da décimo terceira xornada na Segunda

O Guitiriz afianza o seu posto e o Pol entra dentro da zona de ascenso directo á Primeira Galicia. No grupo sur, o filial do Chantada permanece no alto da clasificación con máis vantaxe con respecto ao segundo posto. A dúas xornadas do final da primeira volta (e sen haber liga esta fin de semana) […]

Os sobranceiros da Terceira na duodécima xornada

O Incio convértese no segundo equipo en clasificarse para a fase polo ascenso que comezará en xaneiro, xunto co Cervo que segue líder no grupo norte despois de perder ante o Catro Roldas. No centro, o Fonsagrada segue á fronte da clasificación a falta de dúas xornadas, aínda que ao conxunto da montaña só lles […]

Os onces da duodécima xornada na Segunda

O Guitiriz afianza a súa posición á fronte da Segunda Galicia grupo norte logo de vencer ao segundo clasificado. No sur, o Oural achégase de novo ao primeiro posto da clasificación despois do empate do Chantada B. No norte, o duelo da xornada caeu do líder que venceu ao Cabreiros pola mínima na súa casa. […]

A provincia tamén ten o seu Peñarol

Dicir «Peñarol» no mundo do balompé é falar de toda unha institución neste deporte. A todos se nos vén a cabeza o Atlético Peñarol, un equipo mítico de máis de 120 anos de historia da cidade de Montevideo, en Uruguay; un club recoñecido a nivel mundial e que tivo protagonismo galego, en canto a xogadores […]

Os sobranceiros da Terceira na undécima xornada

O Cervo é o primeiro equipo da Terceira Galicia que está clasificado para a liga polo ascenso á Segunda que comezará en xaneiro. No grupo centro e sur, houbo cambio de líderes despois de varias xornadas; o Fonsagrada e o Sober encabezan nestes momentos a clasificación, nunha fin de semana na que descansaron o Rábade […]

Os onces da undécima xornada na Segunda

Guitiriz e Chantada B manteñen, unha semana máis, o seu posto de líder na clasificación da Segunda Galicia. No norte, o conxunto guitiricense e o Cabreiros collen una lixeira ventaxa cos seus perseguidores e, no sur, o filial chantadino fai o mesmo con respecto ao segundo clasificado do seu grupo. No grupo norte, o Guitiriz […]

Motivos para sorrir na Milagrosa

A Milagrosa non acaba de atoparse na Segunda Galicia. Despois de dous descensos consecutivos, o equipo da capital lucense era, a priori, un dos candidatos por volver a Primeira Rexional. Non obstante, de momento o equipo non está marchando como sería desexado pola familia vermella e branca. Aínda así, teñen motivos para sorrir e confiar, […]

Os sobranceiros da Terceira na décima xornada

O Cervo, o Corgo e o Incio manteñen o liderado na Terceira, a pesar de que o conxunto da Mariña non gañou e os outros dous non xogaron xa que lles tocou descansar nesta xornada. O Catro Roldas achégase o primeiro posto no grupo norte e o Sober faino no grupo sur. Un dos duelos […]

Os onces da décima xornada na Segunda

Guitiriz e Chantada B seguen sendo os rivais a batir nos dous grupos da Segunda Galicia. Os dous equipos gañaron os dous partidos a domicilio e seguen como líderes na clasificación. Na parte de arriba, no norte, fallaron Pol e Burela e no sur o Friol. No norte, o Guitiriz deu un golpe de autoridade […]

Os sobranceiros da Terceira na novena xornada

O Cervo, o Corgo e o Incio seguen ao seu, gañando partidos e achegándose ao obxectivo de estar ben posicionados na primeira fase para afrontar a seguinte competición polo ascenso. O máis beneficiado da xornada foi o Incio, ao empatar o Sober e perder o Río Sil, polo que ten unha diferenza de cinco puntos […]

Os onces da novena xornada na Segunda

Guitiriz e Chantada B seguen á fronte da clasificación nos dous grupos da Segunda Galicia, pero a igualdade manda e a distancia cos seus rivais é moi pequeña. No norte, os cinco primeiros equipos teñen unha diferenza de só dous puntos e no sur os tres primeiros tamén manteñen esa mesma distancia. Unha igualdade que […]