Diario dun mercado. Episodio 225

Estamos na recta final de xullo e coa ingónita aínda do inicio das competicións. Non obstante, os equipos continúan conformando os seus cadros. Ademais das novas na 3ª e na Preferente, salienta hoxe a Primeira Rexional nunha nova edición do Diario dun Mercado. Todos os clubs xa teñen adestrador. A Terceira RFEF será a primeira […]

Diario dun mercado. Episodio 224

O balón xa roda en adestramentos da provincia, aínda que non en partidos. Este sábado suspendeuse o clásico da pretemporada entre o Racing Villalbés e o Dépor na Magdalena. Xogarase finalmente este mércores ás sete e media. Precisamente o cadro deportivista será tamén o primeiro rival do Viveiro na pretemporada. Xogan o próximo sábado. O […]

SD Antas, como aproveitarse do contexto para facer a mellor tempada da historia

Foto de portada: SD Antas En tres meses de competición, o Antas conseguiu un fito na súa traxectoria deportiva. O cadro feminino chegou ás semifinais dunha fase de ascenso á categoría estatal. As circunstancias beneficiaron, pero as adversidades tampouco foron poucas. A Primeira Galega repartiuse en tres grupos no seu breve formato de primavera. O […]

Diario dun mercado. Episodio 215

Esta nova edición dun #DiarioDunMercado está protagonizada polos regresos. Sobresae na Teceira RFEF a volta de Marino ao Viveiro. O ‘Comandante’ de Meira deixara o equipo o verán pasado logo do ascenso. Despois dunha tempada no Racing Villalbés sen continuidade, o lateral e extremo volve a Cantarrana. Pola súa banda, o Racing Villalbés incorpora ao […]

Eimil repite como goleador por segunda semana seguida 

A Terceira División trata de ir poñéndose ao día. A pasada finde estivo destinada a xogar varios dos partidos que os equipos tiñan pendentes. Aí tamén houbo oco para os #LucensesNaTerceiraGalega. E este mércores xogáronse tamén citas con representantes da provincia:  Bergantiños 0-0 As Pontes: Iago López volveu ser da partida no conxunto de Carballo. […]

Víctor Eimil marca o seu primeiro gol a favor en Terceira

A Terceira División tenta poñerse ao día. Esta fin de semana está destinada a recuperar partidos adiados. Logo dun mes de xaneiro con moitos suspendidos por mor da pandemia. Xa esta semana serviu para xogar algúns deles e ir clarificando a clasificación xeral. Á marxe das pendentes, quedan cinco xornadas regulares da 1ª fase. Este […]

A-56: Julio Delgado (Ourense CF): «Hai que dar un paso atrás, para dar dous cara adiante»

Futbolinlugo e Futbolinourense estrean A-56. Unha nova sección na que trataremos asuntos en común entre a provincia de Lugo e a de Ourense. O obxectivo é unir as dúas provincias a través do fútbol. Unha especie de A-56 pendente de construír. É a autovía ideada coa intención de unir as dúas capitalidades provinciais. Pero polo […]

Criss volve xogar en Terceira e Julio Delgado estréase

As consecuencias da pandemia dificultan seguir con claridade o devir da Terceira Galega. Este mércores xogáronse algúns partidos aprazados. A vindeira semana (Mércores de Cinza) e a seguinte finde (Domingo de Piñata) aproveitarase tamén para recuperar as citas pendentes na categoría. Dos xogados esta noite; dous deles contaron con presenza lucense: Fisterra 0-3 Somozas: Aldán […]

Alfredo Navarro ‘Fidi’: «Non vin a necesidade de xogar nesta situación»

Témolo visto moitas veces cun ‘10’ ás costas. Incluso en varias ocasións co brazal de capitán. Un deses futbolistas talentosos sobre o que diríamos que só lle faltou estar no momento e no lugar correcto. Pero, quizais, Alfredo Navarro González ‘Fidi’ (Viveiro, 06-06-1993) dismitifique esta frase. Ao mellor, necesítase algo máis ca un lugar e […]

Sae Villares; entra Julio Delgado, novo lucense na Terceira Galega

Foto de portada: Ourense CF A décimo quinta xornada da 1ª fase non volveu vivir allea a pandemia. Suspendéronse seis encontros entre os dous grupos. A zona norte foi a máis afectada. Só se xogaron os partidos do Racing e do Viveiro. Por outro lado, a resaca da finde deixou cambios nos #LucensesNaTerceiraGalega desta tempada. […]

Javier Montoto: «Cando xogaba dicíanme que a que ía a biblioteca»

Foto de portada: Melanie de la Fuente Pódese dicir que case todo o medio do campo era del. Gustáballe telo controlado. Disciplinado e correcto. En palabras de Gonzalo Edrosa “un xogador que calquera adestrador quere ter. Un 10 tacticamente, non perdía o balón e tamén se animaba en ataque. Educado e responsable. Un xogador exemplar”. […]

Iago López e Alberto Suárez xa volven gozar de minutos

Foto de portada: @CDChoco A décimo terceira xornada da 1ª Fase estivo afectada novamente pola pandemia. Foron suspendidos catro partidos. En todos eles habería #LucensesNaTerceiraGalega. Aínda así, a finde deixou novas positivas. Dous dos xogadores da provincia volveron ter minutos logo das súas respectivas lesións. Regresos, pero con diferente resultado: Iago López volveu esta fin […]

Aceptación ou incomprensión, as reaccións ante o non inicio da Primeira Rexional

A Primeira Galicia non se xogará esta tempada. No mes de decembro a Federación abrira un prazo de inscrición co obxectivo, en principio, de iniciar a competición. Quen non o fixera quedaba exposto ás consecuencias. Unha delas era o descenso de categoría. Con estas circunstancias oitos equipos da provincia anotáronse. Días despois o ente federativo […]

Dous equipos lucenses xogarán a «fase» polo ascenso a Terceira

A Real Federación Galega de Fútbol fixo oficial o inicio e o formato de competición da Preferente Norte. En principio, a liga comezará en dúas semanas (a finde do 31 de xaneiro). A categoría queda dividida en tres subgrupos. Tal e como estaba previsto, os conxuntos lucenses competirán entre si na 1ª fase. Desputarán doce […]

Iván marcou o seu primeiro gol en Terceira

A décimo segunda e primeira xornada da 2ª volta da Terceira volveu estar marcada pola inicidencia da pandemia. O Polvorín non xogou o seu encontro co Fisterra. O Racing consolida a súa posición na zona alta e o Viveiro trouxo un punto de Compostela. Cun protagonista claro nos #LucensesNaTerceiraGalega: Iván Rodríguez estreouse como goleador na […]

Diario dun mercado. Episodio 197

Non é habitual que na provincia haxa moitos movementos de mercado no inverno. Pero este xaneiro pode considerarse excepción. Onde si entra dentro da normalidade que haxa cambios é no PM Friol. O cadro friolés comeza este domingo o ano na Reigosa ante o Oviedo Moderno (12:30h – xornada 9). Farao xa con novo adestrador, […]

A Segunda Norte, moita incerteza e a maioría do non

O tema futbolístico no final do 2020 está claro. A volta ou non do balompé máis afeccionado nesta situación de pandemia. A Federación deseñou unhas planificación que moitos clubs poñen en dúbida. Á espera de ver como se resolve definitivamente, hai unha serie de competicións ás que o ente federativo lles puxo data de inicio […]

Santi Gegunde chega ao «parón» de Nadal como máximo goleador lucense da 3ª

A undécima e última xornada da 1ª volta da 1ª fase da Terceira trouxo boas novas para o Racing e o Polvorín. Conseguiron dúas vitorias e consolídanse na zona media alta. Á espera de que o Día de Reis xoguen o derbi aprazado. Pola contra non triunfou o Viveiro en Abegondo. A Terceira chega ao […]

O fútbol lucense podería volver á competición pola Candeloria

“A partir da candeloria, ningunha ave voa soa” di o refraneiro. O dito lembra que co inicio de febreiro «casan» os paxaros na cultura popular. Candeloria parte do substantivo latino candela. Significa luz alimentada con cera ou sebo. Celébrase o dous de febreiro. Coincide exactamente coa metade do inverno. Que ninguén voe só e que […]

Rares foi titular por primeira vez en Terceira co Racing

A décima xornada da Terceira non estivo do lado dos equipos lucenses. Só o Polvorín e o Racing Villalbés conseguiron puntuar. Fixérono por medio dun empate en cadanseus partidos. Aínda así, a fin de semana deixou a primeira titularidade de Rares co primeiro equipo do Racing. E máis protagonistas nos #LucensesNaTerceiraGalega. Primeiro marcar, logo titular: […]