Meira, Corgo, Oural e Incio asinaron as goleadas da primeira xornada

O Meira é un dos equipos favoritos ao ascenso á Primeira

A Segunda Galicia volveu á competición cunha primeira fase nas que os tradicionais grupo norte e sur se parten en dous. Ligas curtas e moitos equipos con aspiracións de quedar entre os catro primeiros para confirmar a permanencia na categoría e pelexar pola praza de ascenso en xogo de cadansúa zona.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

No grupo da Mariña e dos equipos xermadinos salientaros as vitorias do Sanci, do Cabreiros e do Celta Barreiros. No caso do cadro preparado por Abel Rochela venceu no primeiro derbi da tempada ante o Roupar. O cadro de Barreiros venceu ao Xermade cun gran partido de Jorge no seu regreso ao equipo. Xogou no medio aínda que nos Onces Futbolinlugo tivo que retrasar a súa posición. O Iberia e a Candelaria igualaron sen goles.

Deportes Élide

No grupo da Terra Chá, Meira e a Fonsagrada destacou a goleada do conxunto meirego ante o Cospeito. O Goiriz venceu ao Abadín a domicilio e o Muimenta superou ao Guitiriz na casa. A igualdade estivo no Fonsagrada – Matela, que finalizou con empate a un gol.

No grupo de Lugo cidade, comarca de Sarria e Becerreá fíxose forte o Corgo que venceu con contundencia ao Santa Comba. O Becerreá gañoulle ao Sporting Lucense e o Paradela superou pola mínima ao Palas nun partido de cinco goles. O Antas e o Páramo firmaron táboas.

No grupo da comarca de Lemos, Chantada e Quiroga houbo dúas claras vitorias en canto a marcador se refire. A do Oural na Carqueixa co Río Sil e a do Incio no Cascabeiro ante o Quiroga. O filial da SD Chantada derrotou pola mínima ao Ferreira. O Brollón e o Bóveda empataron a un tanto.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 557

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.