Julio Corral: «A próxima campaña adestrarei á Sarriana»

Os mentideiros futbolísticos situaban a Julio Corral lonxe de Ferreira. En Sarria concretamente. Así que fumos a falar co protagonista principal. E, efectivamente, confirmounos o que xa comezaba a ser un segredo a voces. -FUTBOLINLUGO: Boas Julio. Antes de nada, toca felicitarte por esa gran temporada! -JULIO CORRAL: Ao principio existía incertidume. O plantel era […]

Diario dun Mercado. Episodio 0

Estamos de estrea. Hoxe regalámosvos a previa do que será todo o verán en Futbolinlugo. Chega o prólogo do Diario dun Mercado. E faino con estes ‘rumores’ que xa foron confirmados. O Castro 17-18 xa ten dous nomes confirmados para a súa volta á Preferente Galicia. Charly seguirá sendo o adestrador do conxunto vermello. O […]

Josito: «Estou mentalizado do que teño»

No fútbol acontecen fenómenos inexplicables. Sabémolo todos os que estamos neste mundiño. Unha das máximas deste deporte é que cando mellor estás, sempre hai algo que che fai caer. José Antonio García ‘Josito’ dá boa conta delo. O polivalente xogador de Portomarín atopábase na cresta da onda. Sendo un dos piares do filial, ao que […]

Aurelio: «Foi superemotivo pero non teño problema en seguir xogando»

Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio. –FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana. -AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu […]

Hemeroteca: O desaparecido derbi de Viveiro

2012. Viveiro disfrutaba dun novo e emocionante derbi entre dous clubes referentes na canteira. Un enfrontamento xa inexistente e que moitos futboleiros botan de menos. EF Vivero e Praia de Covas víanse as caras no Cembedo unha vez máis. Esta en categoría benxamín. Un encontro que se decidiu por un só tanto. Quen gañaría? Saímos de dúbidas […]

Palabra de… Dani García: Fútbol de familia

Parece que me tocou falarvos algo deste fútbol do que desfrutamos. Non levo moito tempo xogando, espero que aínda me queden moitos anos por diante no meu Pastoricense pero xa foron moitas as experiencias vividas no campo. Que destacar por encima de todo? Pois, ademais de toda esa xente que pon o seu grao de area […]

Once da Xornada 34 na Primeira Galicia

Rematou unha das mellores Primeira Galicia da última década. Con todo resolto polas alturas, a atención centrábase esta xornada na zona baixa. Especialmente, en fuxir dos famosos ‘descensos por arrastres’. Había tres equipos implicados nesta loita. Dous gañaron e un, non. O Chantada Atlético non pasou do empate no campo do Riotorto a pesares da […]

O mercado de fichaxes en Futbolinlugo

Hoxe remata a Primeira Galicia e a Terceira División. A Segunda e Terceira Galicia xa pasaron a mellor vida. E á Preferente quédanlle tres telediarios. Vale que aínda queda moita tela que cortar. Non vos digo que non! Especialmente cos ascensos nas categorías de base. E os campións das Copas Deputación. Aínda así, todos sabemos […]

Palabra de… Molo: Un vivariense e moitas Terceiras

Doce anos fóra do grupo galego da Terceira División… Tras pasar catro tempadas no castelán-leonés, catro no aragonés e catro actualmente no rioxano podo decir que cheguei a coñecer ben estes grupos. A miña primeira parada tras saír do Viveiro C.F foi ó Norma CF de Soria. A verdade é que non me custou a […]

Hemeroteca: Espectáculo de benxamíns

Remontámonos a decembro de 2011. Viaxamos a Mondoñedo para recordar un auténtico partidazo de benxamíns. Daquelas aínda se xogaba a fútbol-7. E os locais e o Ribadeo deron un auténtico espectáculo. 11 goles. Vémolo xa grazas ao documento de Jose PG. Dentro vídeo!

Once da Xornada 33 na Primeira Galicia

Houbo festa en Cerdeiriños. E esa foi a do Outeiro de Rei. O cadro de Peón logrou o ascenso a Preferente Galicia tras mostrarse superior ao seu rival na pelexa: o Monterroso. O conxunto de Adrián Vázquez acusou en exceso os nervos e cedeu ante un Outeiro práctico e con claridade de ideas. De tódolos […]

Hemeroteca: O renacer da Sarriana

Ano 2013. A Sarriana volve pouco a pouco ás súas orixes. A estas alturas xa está en Primeira Galicia logo dos seus meteóricos ascensos dende a Terceira Galicia. Aquí temos unha boa proba do seu renacer. Unha victoria no sempre complicado campo do Sagrado Corazón. Dentro vídeo!

Palabra de… Miguel Rego: O noso fútbol avellenta

«Galicia perde 30 habitantes ao día«, con ese debastador dato abrían os xornais a pasada semana facendo fincapé no progresivo avellentamento da nosa poboación, sen dúbida un dos grandes problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Do mesmo xeito podemos falar do avellentamento que sofre ano tras ano o noso fútbol provincial e que […]

Once da Xornada 32 na Primeira Galicia

Os dous aspirantes non fallaron e o ascenso decidirase en Cerdeiriños. Nunha auténtica final entre os dous conxuntos que quedan vivos na loita por subir de categoría. O Monterroso mantivo vivas as súas esperanzas grazas ao seu cómodo triunfo frente a un Taboada que non baixou os brazos ata o pitido final. Da gusto ver […]

Hemeroteca: Lourenzá e Folgueiro, en Primeira

Hoxe queremos recordar un partido da Primeira Galicia de finais do ano 2010. Enfrontábanse Lourenzá e Folgueiro, dous equipos que xa non están na categoría. Para que vexades o que cambia todo nuns poucos anos! Deixámosvos cos goles do encontro grazas ao documento de Rubén García. Dentro vídeo!

Palabra de… Diego Díaz: A peaxe da mellor droga

Sinto se vos enganei co título. Non vou falar de substancias estupefacientes. Nin de alucinóxenos. Ao contrario, quero retratar a xente alucinante. Tan incrible que experimenta os efectos da droga máis dura sen consumir toxina algunha. Sen reventar calquera alcoholímetro da Garda Civil. Chegados a este punto podemos levar a nosa historia a un simple […]

Once da Xornada 31 na Primeira Galicia

Unha semana sen once e xa andabamos todos ansiosos! Eso sí, a Primeira Galicia voltou ao grande a pasada fin de semana. Antes de nada, toca felicitar ao merecido campión. Unha Residencia que se desfixo con comodidade do Xove Lago grazas a dous tantos de Roberto e á gran actuación de Dieguito. O segundo posto […]

Gonzalo debuta hoxe no noso fútbol da man da Milagrosa

Temos novo inquilino no fútbol lucense. Responde ao nome de Gonzalo Trigales Álvarez. Aos seus 26 anos está a escasas horas de vivir o seu bautismo no noso balompé máis autóctono. Fárao da man da Milagrosa. A iso das 16.30 horas no Páramo. Pero o balón xa o levaba no sangue pois leva xogando «dende […]

Hemeroteca: Unha semifinal resolta aos penaltis

A primeira edición da Copa Deputación infantil disputouse en Viveiro alá por xuño de 2012. Alí Lugo e Viveiro decidiron unha das semifinais tras empatar 1-1 ao final do tempo reglamentario. O desenlace tédelo aquí grazas a Xoan González. Dentro vídeo!