Once da Xornada 31 na Primeira Galicia

Unha semana sen once e xa andabamos todos ansiosos! Eso sí, a Primeira Galicia voltou ao grande a pasada fin de semana. Antes de nada, toca felicitar ao merecido campión. Unha Residencia que se desfixo con comodidade do Xove Lago grazas a dous tantos de Roberto e á gran actuación de Dieguito. O segundo posto é cousa do Outeiro unha semana máis. Cunha pequena gran diferenza. A que se produce tras perder no campo do Burela por 2-0. O tempraneiro gol de Maseda converteuse nunha auténtica losa para os de Juan Peón.

E é que o Monterroso xa está aí, a só dous puntiños. Goleada ante o Santaballés por 5-0 con dúas sobresaíntes actuacións. A de Hugo na medular, con doblete e golazo incluidos. E unha máis inesperada. A do meta suplente Roy, que saiu en punta nos últimos minutos e rematou mollando. Dende agora, Van Nistel-Roy. Se na próxima xornada o cadro de Adrián Vázquez solventa o difícil ‘match ball’ na Medela ante o Taboada, todo fai indicar que o ascenso se decidirá en menos de quince días en Cerdeiriños. Nun Monterroso-Outeiro de infarto. O que queda claro, é que os da Ulloa volven depender de sí mesmos.

Non nos movemos moito. Falamos xa do Taboada, que non tivo piedade co Chantada B. En concreto, dous homes: os bigoleadores Ivi e Mosqui. Pola zona alta, houbo dous partidos que se antollaban interesantes. O duelo entre Riotorto e Valadouro rematou sen goles, porque así o quixo Hugo. O meta mariñán detivo toda intentona do cadro da Veiga para levar un punto para O Árbol. No outro choque, Diego Hermida marcou as diferenzas no Pastoricense-Foz. Doblete para o punta e tres puntos para os de Jesús Gayol que se consolidan na cuarta plaza da táboa. Ademais, os seus veciños de San Ciprián asaltaron o Hermanos Somoza cun protagonista especial. Carlos, lateral reconvertido a mediocentro nesta xornada. Un auténtico pulmón para os azulóns. Ademais, o Chantada Atlético sumou un triunfo vital pola permanencia ante o Antas, con goles de Adrián e Erik. Por último, o Páramo noqueou á Milagrosa sen demasiados alardes. Aínda así, Dieguito fíxose un oco no once.

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario