Estamos de estrea. Hoxe regalámosvos a previa do que será todo o verán en Futbolinlugo. Chega o prólogo do Diario dun Mercado. E faino con estes ‘rumores’ que xa foron confirmados.

O Castro 17-18 xa ten dous nomes confirmados para a súa volta á Preferente Galicia. Charly seguirá sendo o adestrador do conxunto vermello. O técnico sarrián seguirá contando coa ‘zurda da Pastoriza’ posto que Edrosa xa confirmou a súa renovación ao novo director deportivo, o exxogador Suso.

Charly seguirá á fronte do Castro en Preferente

Sen movernos de categoría, o Ribadeo anunciou a continuidade de Fiz Rodríguez para a próxima tempada. Tras un inicio dubitativo, o conxunto mariñán firmou unha notable tempada e a man do adestrador fíxose notar. Pode que na vindeira campaña o cadro do Pepe Barrera queira dar un paso máis, porque empezan a soar con forza varios nomes de xogadores máis que interesantes.

Así mesmo, emerxen dous nomes propios no Becerreá. Hai escasos meses parecía que sería a última tempada de Antón na Montaña. Non será así. O adestrador seguirá crecendo co clube. Aínda que xa non exercerá como técnico do primeiro equipo. Esa tarefa recaerá en Nico Longhini, actual preparador da base.

Tamén nos chegan novidades dende o Incio. Alí continuará a columna vertebral do equipo. Ese conxunto que se meteu no play off de ascenso á Segunda Galicia. O porteiro Peña; os defensas Anido, Urdi, Xose e David; os medios Samu, Manu, Darío e Lynget; e os dianteiros Vila e Oscar continuarán nun clube que podería anunciar moi pronto outras catro ou cinco renovaciónsque ten prácticamente feitas.

Estas novas e as xa comentadas na nosa web con anterioridade, coma a marcha de Emilio García do Taboada ou a de Aurelio do Viveiro, supoñen o pistoletazo de saída dun verán no que Futbolinlugo dará moito que falar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.