Once da Xornada 34 na Primeira Galicia

Rematou unha das mellores Primeira Galicia da última década. Con todo resolto polas alturas, a atención centrábase esta xornada na zona baixa. Especialmente, en fuxir dos famosos ‘descensos por arrastres’. Había tres equipos implicados nesta loita. Dous gañaron e un, non. O Chantada Atlético non pasou do empate no campo do Riotorto a pesares da boa actuación de Dani Delgado na medular. Agora, casualidades da vida, os do Sangoñedo quedan en mans dos seus veciños da SD Chantada. E a cousa pinta mal, porque o cadro de Pepe Martín ten case os dous pés no descenso.

O Burela fixo os deberes no derbi mariñán. O San Ciprián, que xa tiña unha sufrida salvación no peto, cedeu ante a intensidade e o ímpetu dos de Abel Eijo. Os da Marosa xogábanse a vida e Jairo tirou de galóns para soñar cunha permanencia pola que moi poucos apostaban hai tres meses. O Burela depende agora do Lemos. Se os de Monforte aguantan na Preferente, os mariñáns seguirán un ano máis na Primeira Galicia. O que seguirá fixo nesta categoría é o Xove Lago. O equipo de Kiko Rey venceu pola mínima ao Chantada B e pechou o obxectivo. O lateral Aitorín sobresaiu xunto con Juanjo Coello, autor dun gol.

Falando de goles, imos co gol da xornada. Ese viuse no Martínez Otero. Alí, o Foz tumbou ao campión. Desfíxose da Residencia cun auténtico golazo de Álvaro. O central marcou o 2-1 dende máis alá do centro do campo. Se alguén o ten en vídeo, que nolo faga saber! Unha victoria que lle valeu aos de Jesús Gayol para rematar terceiros. O Monterroso deixouse a victoria no desconto na Frigsa. O cadro de Adrián Vázquez marcou moi pronto e relaxouse ante unha Milagrosa que foi a máis. Ao ritmo do capitán Diego Redondo. Na segunda metade, David realizou varias boas paradas para gardar a vantaxe dos da Ulloa. Non puido ser. Álex marcou no desconto e deu unha pequena alegría á parroquia do Gorgoso, que o ano que vén apoiará aos seus na Segunda Galicia.

Por outra banda, o Outeiro de Rei pechou esta histórica campaña cunha goleada ante o Valadouro. Nunha tarde de despedidas, Míchel deixou dous goles. Logo xa veu a homenaxe dos seus despois de catorce anos de servizo ao clube azulón. Ademais, o Santaballés impúxose a domicilio ao Taboada. ‘Apache’ Vérez resultou decisivo e amargou o último partido de Liga de Emilio García na Medela. Despois de catorce tempadas coma técnico branquiazul, Emilio non seguirá ao fronte do Taboada na vindeira campaña. O Pastoricense levouse o triunfo ante o Bóveda. Os do Acebreiro dispuxeron de máis ocasións que o seu rival. Kanuto marcou as diferenzas no centro do campo. Por último, o Antas neutralizou un 0-2 en contra ante o Páramo no seu adeus á categoría. Zhasky desquiciou aos atacantes do cadro de Melenas, que bailaron ao ritmo de Brais ‘Thiaguiño’.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.