Alberto López (RC Villalbés): «Se nos respectan as lesións, competiremos o ascenso»

Tres vitorias consecutivas e unha clara liña ascendente, deixáronnos claro esta semana o tema do protagonista da pasada xornada. Queriamos contactar con alguén do Racing Villalbés. E quen mellor, que o seu preparador. Un dos grandes artífices do gran inicio de campaña dos chairegos.

Falamos no Ser Deportivos Lugo con Alberto López, adestrador do Racing Villalbés, acerca do momento que vive o seu equipo e o futuro próximo dos chairegos. Álex Gato, presentador do espazo radiofónico, e Marcos Fernández, redactor de Futbolinlugo, foron os encargados de entrevistar ao técnico lucense.

Podes escoitar aquí a entrevista completa:



Alberto López, na súa aventura no Lemos

Un arrinque de altura. «A análise é moi positiva. Somos un corpo técnico novo que vén despois dun proceso moi longo e bo de Simón no Villalbés. Pensamos que o inicio ía ser complicado con esta remodelación total e un calendario moi difícil. Creo que o equipo rendeu moi ben para ser un equipo novo. Temos que mellorar moitas facetas do xogo, sobre todo a ofensiva. Cústanos a veces levar a iniciativa do xogo pero estamos no bo camiño».

A vitoria ante o Silva. «Partido moi igualado no que a calidade dos xogadores que temos foi determinante. O equipo estivo implicado defensivamente, aí o partido foi moi bo. Ofensivamente confundímonos na primeira parte atacando demasiado directo. Correxímolo ben na segunda e contrarrestamos o seu fútbol directo e os tres puntas que meteron ao final».

En que punto se atopa o Racing Villalbés? «Hai dúas facetas do xogo. Defensivamente o equipo está traballando moi ben. Somos os mellores do campionato. Aí estamos al 80-85% de rendemento. Na faceta ofensiva temos que mellorar moitísimo para levar o peso dos partidos ante bloques baixos ou equipos que nos disputen a posesión do balón. É certo que non tivemos continuidade no centro do campo coas lesións de Javi Rey e David ao principio. Make foi de menos a máis… Estamos collendo continuidade por dentro e con máis variantes».



Alberto López, na súa etapa na Sarriana.

Cal é teito do equipo? «O Racing Villalbés é un equipo ambicioso, cos pés no chan. Consciente do seu orzamento e das súas limitacións de amplitude no cadro de xogadores. Compensámolo co esforzo e traballo de todos. Sempre temos que estar o máis arriba posible. A categoría este ano é tremendamente igualada, máis que a tempada pasada. Este ano, a priori, hai tres equipos que deben estar aí: UD Ourense, Arousa e Sarriana. Estiveron na fase de ascenso e, por continuidade, deberan loitar polo ascenso directo. A nós se nos respectan as lesións, competiremos nese grupo. Estaremos na zona alta e non renunciamos a nada».

A dimensión desta nova aventura. «O Racing Villalbés é un equipo cunha estrutura moi grande. O club creceu moito en canto a infraestruturas: a mellora do Roca, o ximnasio. Quizais o que falta é mellorar un pouco A Magdalena sintético. O Villalbés é o segundo club da provincia. Que confiasen en min, faime traballar máis e estou moi implicado. Estou onde quero estar, moi contento, aínda que había outras posibilidades. Teño un corpo técnico incrible e estamos indo de menos a máis en canto a todo. Estou no mellor sitio que podía estar».

O Viveiro, último equipo de Alberto López. «Creo que é un problema de ambición, de presión desde fóra. A liña era boísima. O ano pasado en febreiro tiñamos 14 puntos e fixemos unha segunda volta incrible grazas á continuidade e á confianza en todo o mundo e no proxecto. Este ano o comezar tamén pesoulle moito ao Viveiro e quizais a Luis del Río. E todo rematou co cese inxusto e precipitado de Jandry. Hai confusión co equipo, de non saber cal é o camiño. Jandry estaba facendo un gran traballo. Estaban nunha boa situación deportiva e a todos nos interesa que o Viveiro siga aí».



Alberto López (RC Villalbés): «Se nos respectan as lesións, competiremos o ascenso»

O Racing suma a cuarta consecutiva e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *