#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A V Guía Futbol en Lugo, o venres 15 de setembro

Un ano máis e xa van cinco, chega a Biblia do fútbol lucense da man desta casa e o Diario El Progreso. Moitos de vós xa veriades aos pesados de Futbolinlugo e compañía pasear por diferentes campos coa cámara na man. Todo en busca das mellores fotos e datos d@s nos@s xogador@s e adestrador@s.

Este clásico do verán estará dispoñible nos vosos quioscos e librarías o próximo venres 15 de setembro, na fin de semana do inicio da Segunda Galicia. E tan só cinco días despois da apertura da Preferente e a Primeira Galicia.

Por un módico prezo de 2 euros teredes á vosa disposición un documento de 96 páxinas a toda cor. Coa análise individual dos equipos de Preferente Galicia, Primeira, Segunda e Terceira Galicia así coma todo o fútbol feminino e os nosos colexiados. Unha da principais novidades desta edición será a introdución das competicións por parte de persoeir@s destacad@s no noso balompé. Mantendo o resto da Guía de Futbolinlugo unha liña continuista.

A V edición chegará un día antes que a IV Guía Fútbol en Lugo (foto da súa portada)

Unha tempada máis, vémonos na obriga de aumentar o noso cadro de redactores para poder realizar este documento co maior rigor e calidade posibles. Aos xa coñecidos Manu Amor, Rachu Carballedo, Iván Calaza, Santi Real, Marcos Fernández ou Diego Díaz; súmase Toño Rico, un dos mellores talentos da nova canteira xornalística. E non nos olvidamos das grandes fichaxes da campaña pasada, que continuarán unha edición máis con nós: Jorge BergantiñosEva ArgizPablo DelgadoCarlos Julio GonzálezÁlex Vasco e Miguel Piñeiro.



En definitiva, o día 15 de setembro tes unha cita con Futbolinlugo e El Progreso. Máis de dúas mil fotos a toda cor, a análise dos diversos conxuntos e colexiados estarate agardando ao longo de 96 páxinas, que xa podes ir reservando no teu quiosco ou libraría habitual.

A V Guía Futbol en Lugo, o venres 15 de setembro

A Preferente comeza con derbi lucense e

A V Guía Futbol en Lugo, o venres 15 de setembro

Diario dun mercado. Episodio 386

1 comentario

  1. Manuel Lopez Lopez
    20th Oct 2023 Reply

    Muy buen trabajo!!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *