#Fútbol afeccionado

A Guía ‘Fútbol en Lugo’ dispoñible ata o 2 de outubro

A ‘Biblia’ do fútbol lucense mantense nos quioscos e librerías da provincia ata a primeira fin de semana de outubro. En todos aqueles puntos de venda do xornal El Progreso poderase adquirir unha publicación exclusiva e única no balompé afeccionado. Naqueles lugares onde as existencias puideran estar agotadas teñen a posibilidade de pedir máis exemplares.

O pasado venres saía á venda a IV Guía ‘Fútbol en Lugo‘ elaborada por Futbolinlugo e El Progreso baixo o lema #ANosaTradición. Contén os 88 equipos que compiten no fútbol masculino e feminino afeccionado da provincia. Dende a Preferente ata a 3ª Rexional no caso do masculino e os conxuntos da 1ª e 2ª feminina xunto co PM Friol que compite na 2ª RFEF.

Máis de 1.700 futbolistas aparecen reflectidos en 96 páxinas cargadas de información de cada conxunto. Ademais todos os árbitros lucenses teñen o seu oco nesta enciclopedia provincial.

Dende Futbolinlugo dámoslle as grazas a todos os equipos e seguidores que a título persoal axudaron a difundir a nosa guía. Ademais de agradecerlle a todas aquelas persoas que dun xeito desinteresado colaboraron co noso equipo para facilitarnos toda a información. Moi especialmente estamos agradecidos a aqueles patrocinadores que confiaron en Futbolinlugo para esta nova aventura deste humilde grupo.



A Guía ‘Fútbol en Lugo’ dispoñible ata o 2 de outubro

A Porra de Futbolinlugo, 1

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *